Dende o peche da última edición online do noso proxecto «Escola de Familias», recibimos a través do noso Programa de Educación e Apoio Familiar solicitudes de información e interese en relación á sesión de Crianza Positiva que emitimos no pasado mes de xuño, plantexando a posibilidade de aproveitar esta modalidade formativa e informativa acerca deste interesante tema, polo que de xeito excepcional decidimos abrir novamente un prazo de inscrición para acceder aos vídeos que compoñen esta sesión, nun formato de reedición de verán 🤩
Os vídeos da sesión CRIANZA POSITIVA estarán dispoñibles durante 15 días desta volta, dende o 14 ao 28 do presente mes de agosto para todas aquelas persoas que se anoten chamando ao 988451293 ou ao 604037952, ou enviando un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.
Grazas de novo polo voso interese e a estupenda acollida das nosas propostas e actividades! No verán non paramos… seguimos!
Xa pasou un mes dende que demos comezo ás nosas actividades de lecer a través do noso servizo de atención á infancia «Espazo Medrando Xunt@s»!
As crianzas participantes están a pasalo xenial! Dinámicas de grupo, xogo dirixido e libre, actividades de dinamización lectora, asambleas, xornadas temáticas… En definitiva, un montón de actividades para disfutar xunt@s do verán, que ben merecido o teñen! 🙂
Este noso Espazo busca tamén promover unha maior conciliación da vida laboral, persoal e familiar das nosas familias, contando con moi boa acollida dende os inicios ao cubrir todas as prazas dispoñibles para todo o verán no período de inscrición no mes de xuño.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra gráfica de todo o que levamos feito, e que seguiremos a facer ao longo deste mes de agosto e durante comezos de setembro ata chegar á data de comezo do curso escolar.
Seguindo a normativa autonómica, dende o pasado martes día 28 de xullo toda persoa que chegue de visita á Comunidade Autónoma de Galicia, e por tanto, ao concello de A Bola procedente doutros territorios con especial incidencia do COVID-19 ou que volte dunha estancia nestes territorios, deberá comunicar esta situación no prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada cos datos de contacto e de estadía de calquera das seguintes maneiras:
Chamando ao teléfono 881 00 20 21 para suministrar os datos que se indican na normativa correspondente (pica AQUÍ para consultalos no anexo da publicación no DOG)
Os datos debe subministralos a propia persoa ou o seu representante legal, que serán responsables de que a información recollida sexa veraz e precisa, e será de obrigado cumprimento independentemente da presenza ou non de síntomas compatibles coa COVID-19.
Esta resolución sobre o listado de territorios con alta incidencia do COVID-19 será obxecto de revisión pasados 15 días dende a súa publicación por parte da autoridade autonómica competentes.
Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo determinado para o posto de axente TIC para a aula CeMIT do Concello de A Bola.
O Concello abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos que será de tres (3) días naturais que se computarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As persoas interesadas poderán recoller e/ou consultar as bases de selección nas oficinas municipais en horario de 9.00 h a 14.00 h. ou descargalas para consulta no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de A Bola.
Logo de transcorrer o prazo de 30 días dende a publicación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de axuda no fogar do concello da Bola, sen que se tivesen presentado reclamacións, declárase definitivamente aprobado o texto da modificación da ordenanza e publícase no Boletín Oficial da Provincia de hoxe (14/07/2020):