As crianzas da Bola disfrutaron da visita do Apalpador polo Magosto

Nov 12, 2020Actividades, Eventos

O pasado martes as crianzas do noso concello recibiron ao Apalpador e ao resto de personaxes que encheron o escenario de títeres: Martino, Andrés, o morcego torpón, un monstro monstruoso, un cocho-vehículo… As risas e aplausos encheron o local social de Veiga nunha tarde que se fixo do máis entretida.