O concello de A Bola poñerá en funcionamento no presente mes de xaneiro un novo servizo de acompañamento e apoio eductivo para as crianzas menores do municipio que estén a cursar estudos de primaria co obxectivo de proporcionarlles un apoio na realización de tarefas educativas e tamén de creación dun espazo acompañado onde desenvolver outros contidos e habilidades educativas transversais (habilidades sociais, educación para a saúde, expresión artística, etc.)
Para ter máis información e realizar as correspondentes inscricións, hai que poñerse en contacto co concello en horario de oficina de luns a venres nos teléfonos: 988451293 ou 604037952 (este último tamén por Whatsapp ou Telegram), ou por correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal
O vindeiro martes día 29 de decembro de 10:30h a 12:30h as crianzas do concello poderán disfrutar na aula CeMIT municipal dunha xornada utilizando as TIC´s para divertirse e de paso escribirlle unha carta a través de Internet ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente. Todo elo con temática de Nadal, para seguir disfrutando destas datas tan especiais para todas elas.
O noso servizo de atención á infancia municipal Espazo Medrando Xunt@s ofrecerá a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos xornadas de actividades moi diversas nos días de vacacións lectivas, entre o 23 de decembro do 2020 e o 7 de xaneiro de 2021 (excepto os festivos do 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro), en horario de 9:45h. a 13:15h. Xogos, dinámicas, manualidades, baile, informática… Todo elo para pasalo ben tamén durante este Nadal!
As prazas son limitadas para seguir as esixencias de aforo e medidas ante a COVID-19, e poderán recibirse inscricións ata o venres día 18 de decembro. Para ter máis información e/ou solicitar o formulario de inscrición, pódese chamar ao 988451293, enviar correo electrónico a biblioteca@concelloabola.gal ou chamar e enviar mensaxe por Whatsapp e Telegram ao 604037952.
A QUE NON SABEDES QUEN DECIDIU VIR PASAR A PONTE AO CONCELLO DE A BOLA? O mesmiño Papá Noel, que escoitou marabillas do noso municipio, decidiu que este sería o lugar onde pasar estes días de ponte e tomarse un chocolatiño quente mentres espera a que o vaian visitar todos os veciños e veciñas, incluso para sacarse fotiños con el.
Tedes xa a carta para enviarlle? Pois aproveitade e deixádella alí para que xa a leve consigo ao Polo Norte, e prepare todo para cando volva na noite do 24 a todas as nosas casas. Así que xa sabedes!! Tedes unha cita pendente dende hoxe: VISITAR AO PAPÁ NOEL DA BOLA! Está en Veiga, xusto na entrada do concello onda o cruce para Allariz, a uns metros do edificio do concello. E logo da visita podedes ir tomarlle algo quentiño alí ao lado, na Forxa do Antón. Plan completo!
IMPORTANTE!! Se te sacas unha foto con este Papá Noel, lembra etiquetarnos!!
Que andaremos argallando para este Nadal? Pois unha das cousiñas que temos entre mans é a posta en marcha da iniciativa de decoración comunitaria “A Bola vístese de Nadal”, a través da que animamos ás familias, aos veciños e veciñas, a que poñamos engalanadas as nosas casiñas e negocios con motivos típicos destas datas, con obxectos novos, reutilizados, feitos a man, etc. na medida que cada unha poida e queira! Non hai un mínimo de adornos, nin un estilo único… Dádelle renda solta á imaxinación! É unha actividade en familia e en comunidade á vez, que nos levará logo a algo moi chulo… Anímaste a participar e descubrilo?
Se queres ter máis información, podes chamar ao 988451293, e para enviar as fotos da decoración rematada antes do día 16 de decembro podes facelo a través de Whatsapp ou Telegram ao 604037952 ou por correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.
O concello de A Bola, no seu compromiso de continuar con iniciativas que fomenten e promovan a erradicación da violencia contra as mulleres, ten programadas novas actividades para conmemorar o día Día Internacional contra a Violencia de Xénero dentro do “Espazo de Mulleres” (subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero), que se levarán a cabo no Local Social de Veiga a partires das 16:30h. do día 23 de novembro, dirixidas tamén ás súas crianzas: por unha banda, teremos un contacontos sobre o libro “Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa” de Estela Moreno, galardonado con diversos premios a nivel pedagóxico pola súa capacidade de recoller e transmitir á poboación infantil un tema tan complexo como é todo o proceso da violencia de xénero de xeito moi sutil e sinxelo de xeito que pode ser comprendido tanto polas crianzas coma por persoas adultas. E por outra banda, a continuación, realizarase un obradoiro temático no que traballaremos aspectos relacionados coa prevención da violencia de xénero a través da empatía e o respecto, da importancia das emocións e os bos tratos, na liña do traballado en diversos obradoiros realizados nos últimos meses para tal fin.
As prazas son limitadas, e coma todas as actividades que estamos levando a cabo seguiranse as medidas de seguridade e hixiene correspondentes ante a COVID-19.
Para máis información e inscricións: 988451293 ou 604037952 (tamén whatsapp), ou ben por correo electrónico a educacionfamiliar@concelloabola.gal