saudo da alcaldesa

Dámosvos a benvida…

…á nova páxina web do concello de A Bola, coa intención de que poida ser un medio máis de comunicación cos veciñas e veciños e tamén con aqueloutras persoas que se interesen en coñecer un pouco máis o noso concello.

Sendo conscientes de que actualmente as novas tecnoloxías forman parte da vida de todas e todos nós, esta web servirá como ferramenta útil para a xestión de trámites administrativos e a transmisión de información de interese dun xeito áxil e sinxelo, facendo máis accesible a nosa administración local.

Navegando polos diferentes apartados desta web poderás atopar todos os recursos e novidades relacionadas coas principais áreas do municipio, pero ademáis de toda esta información que vos poidamos proporcionar, lembrámosvos que a vosa contribución é un elemento moi valioso para nós, e por iso animámosvos a que participedes deste recurso que poñemos á vosa disposición para que poida conformar un espazo máis de diálogo aberto e productivo co noso concello. 

En definitiva, esperamos que este recurso web resposte ás vosas expectativas e necesidades, e invitamos a quen aínda non coñeza o noso concello a que se achegue a descubrir a cantidade de recursos naturais, culturais e de lecer que posúe A Bola non só como parte da Reserva da Biosfera da Área de Allariz, senon tamén como municipio aberto ao progreso, que mira cara o futuro no rural galego e caracterizado pola amabilidade e hospitalidade da súa xente. Temos a certeza de que non vos deixará indiferentes.