Galería Actual do Concello

O Concello de A Bola pertence á comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. O concello, de 39,9 km², limita ao norte coa Merca, ao sur con Verea, ao leste con Allariz e Rairiz de Veiga, e ao oeste con Celanova. Dista en 36 km. da cidade de Ourense, a capital de provincia, da que ten fácil e rápido acceso a través das autopistas A-52 con enlace cara a AG-31.

[dss_transformable_image _builder_version=»4.4.1″][/dss_transformable_image]

O municipio está constituido por 71 entidades de poboación e 8 parroquias:  Berredo (San Miguel) , Pardavedra (Santiago) , Podentes (Santa María) , San Martiño de Berredo (San Martiño) , Santa Baia de Berredo (Santa Baia) , Sorga (San Mamede) , Soutomel (Santa Locaia) , Veiga (San Munio), e debe o seu nome á bola granítica situada no lugar do mesmo nome, A Bola; este elemento tan singular e identitario é o resultado dunha serie de fracturas perpendiculares á superficie, formándose barrocais de bólas amoreadas unhas sobre as outras, en equilibrio natural sobre unha das súas superficies máis pequenas.

No tocante á orografía, está situado nunha zona de media montaña cunha altitude media entre os 500 e os 600 m, aos pés dos cumios do Furriolo, Monte Calvo e San Cibrao. Este último é o seu monte máis alto, chegando aos 914m, contrastando co seu punto máis baixo que é o regato de Fechiñas, ubicado a 300m. Cara o seu leste está situada a serra do Leboreiro.

As suas terras están regadas por os ríos Fechiñas, Porto, Banduco das Manoelas e Orille.

Ten un clima continental, cunha temperatura media anual de 10,5 °C e unha amplitude térmica de 13,4 °C. , Hai un prolongado período de frío entre novembro e abril, e a precipitación anual media é de 1038 mm, cunha acusada seca no verán.

A hidrografía está determinada en grande medida polo curso medio do río Arnoia (que delimita parte do territorio) e un dos seus afluentes, o río Orille, ao pé do cal se ubica a famosa área recreativa do municipio. Nel desembocan os regatos das Momoelas, da Amunía, do Castro e do Porto, na zona sur do concello. Na zona norte os ríos Fechiñas e Porto conflúen pouco antes de saír do concello e desaugar no Arnoia.