Servizo de biblioteca

O concello de A Bola conta cunha biblioteca pública incluída dentro da Rede de Bibliotecas de Galicia, e da que poden facer uso todos os veciños e veciñas do municipio. Ubicada fronte ao edificio consistorial, conta cunha colección interesante de libros e de coleccións enciclopédicas dirixidas a todas as idades.

Durante o ano, realízanse tamén actividades de dinamización á lectura dirixidas a toda a poboación, tanto de organización e realización propia como en colaboración con outras entidades públicas e privadas e tamén profesionais do sector. Tamén somos centro autorizado para a tramitación e expedición do Carné Xove da Xunta de Galicia. Para a realización de calquera xestión relacionada coa biblioteca (carnés, préstamos, consultas, etc.) poñerse en contacto coas oficinas municipais presencialmente ou vía telefónica.