A “Volta Ciclista a España” chegará ao noso concello este xoves polo Alto do Furriolo.

Nov 3, 2020Actualidade, Eventos

A Volta Ciclista a España chegará ao Alto do Furriolo, ubicado no noso concello, este xoves día 5 de novembro durante a súa etapa número 15 “Mos-Puebla de Sanabria” na que recorrerán un total de 230,8 km. sendo a etapa máis longa da edición deste ano. Estímase a chegada a este punto do noso municipio ao mediodía, pasados uns minutos das 13h. estimando unha velocidade media dos ciclistas ao longo do percorrido entre 34 e 38 km/h.

Para consultar todos os detalles ao respecto desta etapa, podedes consultar a páxina oficial da Volta Ciclista a España premendo AQUÍ.