Pola conmemoración do 25 de novembro, día Internacional contra a Violencia de Xénero, dende o concello temos preparada unha programación de actividades que se celebrarán dende o día 21 ata o 28 de novembro. Así, o día 21 os/as máis xóvenes terán oportunidade de facer actividades temáticas, o día 24 reuniremos un grupo de participación de mulleres a través dunha nova xornada do noso «Espazo Mulleres», e o día 28 terá lugar unha formación gratuita para pais, nais, titores/as e educadores/as en xeral sobre educación sexual como factor preventivo da violencia de xénero e sexual (as persoas que precisen servizo de canguraxe para asistir a esta formación, teñen esa posibilidade comunicándoo previamente).
As persoas que estén interesadas en participar dalgunha destas actividades debe poñerse en contacto co concello por teléfono ou correo electrónico (os indicados no cartaz oficial a continuación).
Este xoves día 25 de maio ás 11h. levarase a cabo na Aula CeMIT municipal (baixo do edificio da biblioteca municipal) unha xornada informativa para dar a coñecer a «AULA MENTOR» da Bola, o servizo de formación recentemente estreado no concello . Se estás interesado/a en aumentar a túa formación, especializarte nalgún tema en concreto, se precisas facer cursos relacionados coa túa profesión… e todo isto a través de Internet e apoiado por tutores/as e sen moverte do concello, esta iniciativa pode interesarte moito!
Esta iniciativa é posta en marcha polo concello da Bola coa financiación do Ministerio de Educación, e ven a ser unha vía de acceso a numerosos cursos formativos oficiais en modalidade en liña que pode realizar toda persoa que esté interesada.
Para coñecer toda esta información (como funciona, os cursos que hai, como hai que facer para matricularse…) animádevos a asistir a esta breve reunión informativa, onde tamén poderedes coñecer as intalacións da CeMIT municipal e formular todas aquelas preguntas que precisedes aclarar sobre a Aula Mentor.
A Aula Mentor é unha iniciativa do Ministerio de Educación que xunto a colaboración con Comunidades Autónomas, Entidades Locais Territoriais e Organizacións non gubernamentais xerando un novo sistema de formación aberta de forma flexible.
Proporciona unha vía de formación non regrada con atención tutorial a distancia a través dunha plataforma de aprendizaxe onde podemos acceder a máis de 200 cursos de formación.
Asimesmo cóntase cunha Aula Mentor física, para axudar a usuarios interesados en ditas formacións e contribuir así á disminución da brecha dixital.
Dende o vindeiro mércores día 9 de novembro o noso concello acollerá unha actividade novidosa e moi interesante: un obradoiro creativo de teatro de sombras! Neste obradoiro as crianzas de a partires de 6 anos de idade poderán aprender a crear dende cero un espectáculo de teatro de sombras da man da artista Valerie Lenders que será representado en aberto ao público xeral o día 4 de xaneiro, véspera de Reis.
Este obradoiro estará formado por 3 sesións os días 9 de outubro, 7 de decembro e 14 de decembro, e a hora de comezo será ás 16h. O lugar de realización será o local social de Veiga, as prazas son limitadas e serán cubertas por orde de inscrición.
Para inscribirse, contactar con Valerie (652948697) ou con Pamela (604037952) antes do martes día 8 de novembro.
Esta actividade é una iniciativa de A Casa Vella de Amiadoso que conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia, o FSE e o Ministerio, e a colaboración do concello de A Bola.
Durante o mes de novembro, a Aula CeMIT levará a cabo diversos cursos de moita utilidade e interese, e están abertos á participación de toda a poboación de xeito gratuito. Consulta aquí os cursos, días e horarios, e contacta con nós para inscribirte!
O vindeiro mércores día 29 de xuño en horario de 10:30h a 12:00h, o local social de Veiga (baixo concello) acollerá unha xornada de orientación laboral a todas as persoas interesadas en asistir que estén desempregadas ou en mellora de emprego e que teñan algún tipo de discapacidade ou que se atopen en situación de incapacidade laboral. Nesta sesión, un técnico da Fundación ONCE ofrecerá a todas as persoas asistentes tamén a posibilidade de incluírse nunha bolsa de emprego que dita fundación posúe e á que moitas empresas de diferentes sectores acoden para buscar posibles traballadores/as, polo que pode ser unha boa oportunidade para todas aquelas persoas que cumplan o citado perfil e estén en busca de emprego.
Para ter máis información pódese chamar ao concello en horario de oficina (988451293), ao móbil do concello (604037952, tamén whatsapp e telegram) ou ben enviar un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.