CONCILIA VERÁN 2024

O venres 21 abrirá o prazo de inscricións para o Concilia de Verán deste ano, 2024. Realizarase en horario de mañá (10.00 – 14.00 h) e de tarde ( 16.00 – 20.00 h).

Contáctanos para máis información e inscricións no 988 45 12 93 ou no 604 03 79 52

Obradoiro de creación de adornos de Nadal no «Espazo Mulleres»

Obradoiro de creación de adornos de Nadal no «Espazo Mulleres»

Este venres día 15 de decembro ás 11h da mañá teremos unha nova reunión no Espazo Mulleres, desta volta para aprender da man dunha das nosas compañeiras a realizar adornos propios desta época de Nadal que está próxima a chegar. O obradoiro é de libre participación para mulleres do concello, e totalmente gratuito, por suposto! Pasaremos de novo un ratiño xuntas, e que non falte o cafeciño, as infusións e algún rico pasteliño caseiro.

LUDONADAL, actividades de Nadal para as crianzas

LUDONADAL, actividades de Nadal para as crianzas

Este mes chegará ao noso concello novamente o Ludonadal, as actividades temáticas de Nadal para as crianzas en periodo non lectivo. A participación será gratuita para familias empadroadas no concello, e de pago para o resto (deberán aboar un pago único de 10 euros por participación). É preciso inscribirse para participar, e poderase facer chamando por teléfono ao concello ou enviando un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal

XORNADAS VIOLETAS 2023: Programa de actividades

XORNADAS VIOLETAS 2023: Programa de actividades

Pola conmemoración do 25 de novembro, día Internacional contra a Violencia de Xénero, dende o concello temos preparada unha programación de actividades que se celebrarán dende o día 21 ata o 28 de novembro. Así, o día 21 os/as máis xóvenes terán oportunidade de facer actividades temáticas, o día 24 reuniremos un grupo de participación de mulleres a través dunha nova xornada do noso «Espazo Mulleres», e o día 28 terá lugar unha formación gratuita para pais, nais, titores/as e educadores/as en xeral sobre educación sexual como factor preventivo da violencia de xénero e sexual (as persoas que precisen servizo de canguraxe para asistir a esta formación, teñen esa posibilidade comunicándoo previamente).

As persoas que estén interesadas en participar dalgunha destas actividades debe poñerse en contacto co concello por teléfono ou correo electrónico (os indicados no cartaz oficial a continuación).

MAGOSTO 2023

MAGOSTO 2023

Xa temos data para o noso tradicional Magosto: o 10 de novembro, na nave de Cacabelos. E colaborarán na súa celebración a Coral Municipal de A Bola e o Grupo de Amigos do Acordeón Terras de Celanova. ¡Esperámovos!

A Deputación de Ourense organiza o «I Concurso Escolar Provincial: Isto tamén é violencia de xénero e eu non calo!»

A Deputación de Ourense organiza o «I Concurso Escolar Provincial: Isto tamén é violencia de xénero e eu non calo!»

A Deputación de Ourense ven de publicar as bases para a participación por parte do estudantado dos centros educativos da provincia no 1º concurso escolar co lema «Isto tamén é violencia de xénero e eu non calo!», con motivo da vindeira conmemoración no 25 de novembro do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. As bases e toda a información relativa a este concurso pódense consultar na páxina: https://www.termalismourense.com/nonaviolenciadexenero.