VINDEIRO COBRO DE TRIBUTO DO IBI E RECOLLIDA DE RESÍDUOS URBANOS DO ANO 2022

VINDEIRO COBRO DE TRIBUTO DO IBI E RECOLLIDA DE RESÍDUOS URBANOS DO ANO 2022

Publicada hoxe no BOP de Ourense nº 120 a próxima apertura do período de cobro das taxas de IBI (Imposto de Bens Inmobles) e da recollida de resíduos urbanos para o presente ano 2022. A cobranza en período voluntario terá lugar desde o día 1 de xuño de 2022 ao 31 de agosto de 2022.

Lugar e forma de pagamento: os contribuíntes recibirán no seu domicilio os impresos dos recibos-resgardo de pagamento,
que deberán aboar en calquera oficina de Abanca, Banco Pastor, Banco Popular, BBVA, Banco Santander, Banco SabadellGallego, Caixabank (entidades colaboradoras) ou en calquera oficina da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos, no prazo antes mencionado do 1 de xuño de 2022 ao 31 de agosto de 2022.

Se algún contribuínte non recibe no seu domicilio os referidos impresos, poderá solicitar duplicado nas oficinas de Recadación desta deputación, e advírtese de que o feito de non recibiren os impresos non exime da obrigación de efectuar o pagamento no prazo mencionado, sempre que figure como contribuínte nas listas cobratorias. Para a validez do pagamento, os impresos deben estar referendados por impresión mecánica ou sinatura autorizada da correspondente oficina da entidade bancaria.

Lembramos que a entidade que xestiona esta recadación para o noso concello é a Deputación de Ourense, á que vos poderedes dirixir para resolver dúbidas ou realizar calquera trámite ao respecto desta cobranza (teléfono: 988317720)

Enlace ao BOP: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=120&fecha=20220527