ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2022

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2022

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas neste 2022 o concello de A Bola ofrecerá á veciñanza unha exposición interactiva sobre o autor homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, e tamén actividades que misturarán as novas tecnoloxías con xogos para coñecer un pouco máis a este escritor.

A exposición, ubicada na pranta baixa do edificio da biblioteca, estará aberta dende hoxe día 9 ata o remate do mes o día 31, en horario de 9h. a 14h. (excepto os días 10, 12, 24 e 26 que estará aberta en horario de tarde, de 15h. a 20h.) e nela poderase facer un percorrido pola vida de Delgado Gurriarán, sabendo máis sobre a súa vida e obra, podendo ter acceso a códigos QR cos que se accederá a novos contidos relacionados. Esta exposición realízase coa colaboración da Consellería de Dinamización Lingüística e da Biblioteca Municipal.

A actividade do día 24 de maio será realizada na Aula CeMIT municipal (sita no edificio da biblioteca) e está dirixida a crianzas e tratará de facer que a través de xogos e actividades realizadas cos ordenadores poidan coñecer un pouco máis a Florencio Delgado Gurriarán de xeito lúdico.

O acceso á exposición interactiva é libre, e para a actividade do día 24 é preciso inscrición previa por teléfono (988451293 ou 604037952) ou por correo electrónico (biblioteca@concelloabola.gal) xa que as prazas son limitadas.