A
Deputación de Ourense, xunto coa fundación Cibervoluntarios.org, levarán a cabo
o proxecto “Extraordinarias”, que consistirá en ofrecer formación gratuita en
marketing dixital a mulleres emprendedoras ou con algunha idea de emprendemento
no futuro que residan en zonas rurais para axudar a potenciar os seus negocios non
só a nivel local senon tamén global. Esta formación levarase a cabo exclusivamente
online, para o que o concello de A Bola pon á disposición a súa aula CeMIT
municipal (ubicada no baixo do edificio da Biblioteca Municipal) para todas
aquelas mulleres que estén interesadas en facer estes cursos e precisen medios
para elo.
Para
inscribirse ou ter máis información deberase chamar ao concello no 988451293 ou
604037952. O prazo límite para recibir inscricións será o 06/11/2020.
O vindeiro 27 de novembro estará na Área Recreativa unha unidade móbil para proceder á inspección dos tractores. O horario será de 9h. a 13:30h. e de 15:15h. a 18h. Débese solicitar cita previa ben por teléfono: 902 30 90 00 ou a través da páxina web (cita previa), á que podedes acceder premendo AQUÍ.
Dende a Biblioteca Pública Municipal informamos de que a Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria están conmemorando o 20 aniversario do servicio «Pregunte: las bibliotecas responden», que é un servizo de referencia en liña e cooperativo no que colaboran 49 bibliotecas públicas de todo o estado respondendo, a través de chat ou por correo electrónico, ás preguntas que calquer cidadán/á desexe formular sobre distintas materias: arte, literatura, ciencia, deporte…
E tamén acceder a descargar o cartaz oficial, marcapáxinas ou slides temáticos deste 20 aniversario e en diferentes idiomas accedendo á web do Ministerio de Cultura e Deporte picando no seguinte enlace: DESCARGA DIFERENTE MATERIAL
Por último, en relación a esta campaña está convocado un concurso a través da rede social Twitter que consiste nun concurso para descubrir a 7 personaxes a través de pistas dende a conta @librolecturagob. Podedes consultar as bases premendo AQUÍ.
No Boletín Oficial do Estado publicado onte, domingo día 25 de outubro de 2020, publicouse o Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARSCoV-2. Este RD recolle unha serie de medidas referidas a:
Limitación de horarios para transitar por vías ou espazos públicos, con toque de queda entre as 23h. e as 6h. (con excepcións relativas a traballo, saúde, compras de urxencia…)
Limitación de entrada e saída das comunidades autónomas e cidades con Estatuto de Autonomía (como é o caso da nosa),
Limitación de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos e privados (ter en conta que a restrición xa establecida para Galicia está en 5)
Limitación á permanencia de persoas en lugares de culto
Para ler todo o texto completo, podedes picar AQUÍ e acceder á publicación do Real Decreto. Convidamos ás nosas veciñas e veciños a que respecten estas medidas, á vez que transmitimos moito ánimo e forza para superar esta segunda ola, que co esforzo de tod@s poderemos superar.
Con previsión de estar lista para o verán de 2021, a área recreativa Ponte Barbón da Bola contará cunha pista multideporte, respondendo ás peticións que a alcaldesa recibiu durante diversas reunións e encontros con veciñanza nos últimos tempos, principalmente por parte da xuventude residente no concello, e tamén seguindo cunha política de promoción e fomento da saúde a través da práctica do deporte.
Mediante unha reunión co delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, a alcaldesa aproveitou para tratar outros temas de importancia para o municipio coma o proxecto de mellora da rede de colectores en diversos núcleos ubicados en tres parroquias, incluíndo a construcción dunha depuradora xunto ao río Ourille.
Acceso á noticia no diario dixital de «La Región» pinchando AQUÍ