Campaña “Pregunte: las bibliotecas responden”

Oct 26, 2020Actualidade, Eventos

Dende a Biblioteca Pública Municipal informamos de que a Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria están conmemorando o 20 aniversario do servicio “Pregunte: las bibliotecas responden”, que é un servizo de referencia en liña e cooperativo no que colaboran 49 bibliotecas públicas de todo o estado respondendo, a través de chat ou por correo electrónico, ás preguntas que calquer cidadán/á desexe formular sobre distintas materias: arte, literatura, ciencia, deporte…

Podedes acceder á páxina deste recurso para utilizalo premendo no seguinte enlace: “PREGUNTE: LAS BIBLIOTECAS RESPONDEN”

E tamén acceder a descargar o cartaz oficial, marcapáxinas ou slides temáticos deste 20 aniversario e en diferentes idiomas accedendo á web do Ministerio de Cultura e Deporte picando no seguinte enlace: DESCARGA DIFERENTE MATERIAL

Por último, en relación a esta campaña está convocado un concurso a través da rede social Twitter que consiste nun concurso para descubrir a 7 personaxes a través de pistas dende a conta @librolecturagob. Podedes consultar as bases premendo AQUÍ.