ESTREA DA PELÍCULA «MARÍA SOLINHA» NA BOLA, CON PRESENCIA DO DIRECTOR IGNACIO VILAR

ESTREA DA PELÍCULA «MARÍA SOLINHA» NA BOLA, CON PRESENCIA DO DIRECTOR IGNACIO VILAR

O concello de A Bola, como membro da Rede de Dinamización Lingüística, ofrecerá o vindeiro 9 de outubro ás 20:30h. a estrea en primicia da película inédita en salas de cine «María Solinha», de Ignacio Vilar (Vía Láctea Filmes). Esta longametraxe conta recontrucción da historia de María Soliña, unha viúva da vila de Cangas (Pontevedra) a Inqusición acusou de bruxería e queimou na fogueira no 1621, resultado dun plan amañado pola nobleza canguesa que codizaba os seus bens nunha época de decadenza na vila. A protagonista sofre, no Século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII.

Antes do comezo da proxección, o propio director Ignacio Vilar presentaranos o filme e explicará os pormenores do mesmo, e ao finalizar o visionado da película haberá lugar para un posible coloquio-debate no que poderán participar todas as persoas asistentes.

É unha actividade aberta e gratuita! E forma parte dunha das numerosas actividades que se enmarcan dentro Programa «Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo XXI» da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Por motivos de xestión de aforo, precísase unha inscrición previa que se poderá facer ata o día 8 de outubro (día anterior á proxección) chamando ao 988451293 ou ao 604037952 (tamén Whatsapp).

Esta actividade será realizada baixo todos os controis de seguridade e hixiene precisos ante a COVID-19 (limpeza e distancia de seguridade entre cadeiras, lugar amplo, semiaberto e ventilado, xel hidroalcólico a disposición…) polo que a asistencia á mesma faise totalmente segura.

#aculturasegue #rededinamizacionlinguistica #politicalinguistica #vialacteafilmes

Aprender a usar o teléfono móbil e manexar a aplicación «Whatsapp», próximos cursos da nosa Aula CeMIT

Este xoves día 17 de setembro comezarán dúas formacións na nosa aula CeMIT: «Aprende a utilizar o teléfono móbil» e «Aprende a utilizar Whatsapp». Ambolos dous cursos desenvolveranse en horario de mañá de xeito presencial na aula CeMIT e están dirixidos principalmente a aquelas persoas maiores que poidan ter maior dificultade no manexo de teléfono móbil e tamén de como usar o «Whatsapp» (a coñecida aplicación de mensaxería), pero pode participar todas aquelas persoas que desexen refrescar coñecementos e/ou profundizar máis no seu uso.

Para máis información sobre horarios e realización de inscricións, poñerse en contacto chamando ao 988451293 ou enviando un correo electrónico a: cemit.abola@xunta.gal.

Lembrade! Para aquelas persoas que non teñan vehículo ou forma de desprazarse ata a aula, poden concertar o servizo de transporte municipal chamando ao 988433786.

O Espazo Medrando Xunt@s despediu a súa tempada de verán cunha festa para as crianzas

O pasado mércores os cativos e cativas participantes do noso Espazo Medrando Xunt@s do concello de A Bola puideron desfrutar dunha “Festa de Fin de Verán” con hinchables, deslizadora de auga, festa da escuma, xogos, música… todo elo para pechar a tempada de actividades que neste espazo se levaron a cabo durante os meses de verán no municipio para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Este servizo posto en marcha polo concello veu a ofrecer unha oportunidade de atención á infancia e conciliación para as familias do municipio, ás que lle agradecemos de corazón o seu cariño e constante colaboración para que estas actividades chegasen a ser o éxito que foron.

Novos cursos da Aula CeMIT de A Bola

Novos cursos da Aula CeMIT de A Bola

Chegado setembro, a Aula CeMIT de A Bola comeza a programación formativa para este último cuadrimestre do ano. Uso de dispositivos móbiles, ofimática, realización de trámites administrativos en liña… unha chea de oportunidades de aprendizaxe dende este mes e ata decembro e con moita utilidade nestes tempos nos que as novas tecnoloxías cobran máis importancia que nunca no noso día a día. Anímate!

Podedes pedir máis información sobre ditos cursos chamando ao 988451293 ou escribindo un correo electrónico á dirección: cemit.abola@xunta.gal