Aprender a usar o teléfono móbil e manexar a aplicación «Whatsapp», próximos cursos da nosa Aula CeMIT

Este xoves día 17 de setembro comezarán dúas formacións na nosa aula CeMIT: «Aprende a utilizar o teléfono móbil» e «Aprende a utilizar Whatsapp». Ambolos dous cursos desenvolveranse en horario de mañá de xeito presencial na aula CeMIT e están dirixidos principalmente a aquelas persoas maiores que poidan ter maior dificultade no manexo de teléfono móbil e tamén de como usar o «Whatsapp» (a coñecida aplicación de mensaxería), pero pode participar todas aquelas persoas que desexen refrescar coñecementos e/ou profundizar máis no seu uso.

Para máis información sobre horarios e realización de inscricións, poñerse en contacto chamando ao 988451293 ou enviando un correo electrónico a: cemit.abola@xunta.gal.

Lembrade! Para aquelas persoas que non teñan vehículo ou forma de desprazarse ata a aula, poden concertar o servizo de transporte municipal chamando ao 988433786.

O Espazo Medrando Xunt@s despediu a súa tempada de verán cunha festa para as crianzas

O pasado mércores os cativos e cativas participantes do noso Espazo Medrando Xunt@s do concello de A Bola puideron desfrutar dunha “Festa de Fin de Verán” con hinchables, deslizadora de auga, festa da escuma, xogos, música… todo elo para pechar a tempada de actividades que neste espazo se levaron a cabo durante os meses de verán no municipio para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Este servizo posto en marcha polo concello veu a ofrecer unha oportunidade de atención á infancia e conciliación para as familias do municipio, ás que lle agradecemos de corazón o seu cariño e constante colaboración para que estas actividades chegasen a ser o éxito que foron.