Formación gratuita sobre marketing dixital para mulleres emprendedoras ou con ideas de emprendemento

Formación gratuita sobre marketing dixital para mulleres emprendedoras ou con ideas de emprendemento

A Deputación de Ourense, xunto coa fundación Cibervoluntarios.org, levarán a cabo o proxecto “Extraordinarias”, que consistirá en ofrecer formación gratuita en marketing dixital a mulleres emprendedoras ou con algunha idea de emprendemento no futuro que residan en zonas rurais para axudar a potenciar os seus negocios non só a nivel local senon tamén global. Esta formación levarase a cabo exclusivamente online, para o que o concello de A Bola pon á disposición a súa aula CeMIT municipal (ubicada no baixo do edificio da Biblioteca Municipal) para todas aquelas mulleres que estén interesadas en facer estes cursos e precisen medios para elo.

Para inscribirse ou ter máis información deberase chamar ao concello no 988451293 ou 604037952. O prazo límite para recibir inscricións será o 06/11/2020.

Inspección de Tractores no concello de A Bola

Inspección de Tractores no concello de A Bola

O vindeiro 27 de novembro estará na Área Recreativa unha unidade móbil para proceder á inspección dos tractores. O horario será de 9h. a 13:30h. e de 15:15h. a 18h. Débese solicitar cita previa ben por teléfono: 902 30 90 00 ou a través da páxina web (cita previa), á que podedes acceder premendo AQUÍ.

Campaña «Pregunte: las bibliotecas responden»

Campaña «Pregunte: las bibliotecas responden»

Dende a Biblioteca Pública Municipal informamos de que a Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria están conmemorando o 20 aniversario do servicio «Pregunte: las bibliotecas responden», que é un servizo de referencia en liña e cooperativo no que colaboran 49 bibliotecas públicas de todo o estado respondendo, a través de chat ou por correo electrónico, ás preguntas que calquer cidadán/á desexe formular sobre distintas materias: arte, literatura, ciencia, deporte…

Podedes acceder á páxina deste recurso para utilizalo premendo no seguinte enlace: «PREGUNTE: LAS BIBLIOTECAS RESPONDEN»

E tamén acceder a descargar o cartaz oficial, marcapáxinas ou slides temáticos deste 20 aniversario e en diferentes idiomas accedendo á web do Ministerio de Cultura e Deporte picando no seguinte enlace: DESCARGA DIFERENTE MATERIAL

Por último, en relación a esta campaña está convocado un concurso a través da rede social Twitter que consiste nun concurso para descubrir a 7 personaxes a través de pistas dende a conta @librolecturagob. Podedes consultar as bases premendo AQUÍ.

Novas medidas acaban de entrar en vigor trala decreción do Estado de Alarma no día de onte

Novas medidas acaban de entrar en vigor trala decreción do Estado de Alarma no día de onte

No Boletín Oficial do Estado publicado onte, domingo día 25 de outubro de 2020, publicouse o Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARSCoV-2. Este RD recolle unha serie de medidas referidas a:

  • Limitación de horarios para transitar por vías ou espazos públicos, con toque de queda entre as 23h. e as 6h. (con excepcións relativas a traballo, saúde, compras de urxencia…)
  • Limitación de entrada e saída das comunidades autónomas e cidades con Estatuto de Autonomía (como é o caso da nosa),
  • Limitación de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos e privados (ter en conta que a restrición xa establecida para Galicia está en 5)
  • Limitación á permanencia de persoas en lugares de culto

Para ler todo o texto completo, podedes picar AQUÍ e acceder á publicación do Real Decreto. Convidamos ás nosas veciñas e veciños a que respecten estas medidas, á vez que transmitimos moito ánimo e forza para superar esta segunda ola, que co esforzo de tod@s poderemos superar.

A ÁREA RECREATIVA DA BOLA CONTARÁ CUNHA PISTA MULTIDEPORTE

A ÁREA RECREATIVA DA BOLA CONTARÁ CUNHA PISTA MULTIDEPORTE

Con previsión de estar lista para o verán de 2021, a área recreativa Ponte Barbón da Bola contará cunha pista multideporte, respondendo ás peticións que a alcaldesa recibiu durante diversas reunións e encontros con veciñanza nos últimos tempos, principalmente por parte da xuventude residente no concello, e tamén seguindo cunha política de promoción e fomento da saúde a través da práctica do deporte.

Mediante unha reunión co delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, a alcaldesa aproveitou para tratar outros temas de importancia para o municipio coma o proxecto de mellora da rede de colectores en diversos núcleos ubicados en tres parroquias, incluíndo a construcción dunha depuradora xunto ao río Ourille.

Acceso á noticia no diario dixital de «La Región» pinchando AQUÍ

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, na súa reunión coa nosa alcaldesa, María Teresa Barge Bello, no día de onte.