ESTREA DA PELÍCULA “MARÍA SOLINHA” NA BOLA, CON PRESENCIA DO DIRECTOR IGNACIO VILAR

Sep 25, 2020Actividades, Actualidade, Eventos

O concello de A Bola, como membro da Rede de Dinamización Lingüística, ofrecerá o vindeiro 9 de outubro ás 20:30h. a estrea en primicia da película inédita en salas de cine “María Solinha”, de Ignacio Vilar (Vía Láctea Filmes). Esta longametraxe conta recontrucción da historia de María Soliña, unha viúva da vila de Cangas (Pontevedra) a Inqusición acusou de bruxería e queimou na fogueira no 1621, resultado dun plan amañado pola nobleza canguesa que codizaba os seus bens nunha época de decadenza na vila. A protagonista sofre, no Século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII.

Antes do comezo da proxección, o propio director Ignacio Vilar presentaranos o filme e explicará os pormenores do mesmo, e ao finalizar o visionado da película haberá lugar para un posible coloquio-debate no que poderán participar todas as persoas asistentes.

É unha actividade aberta e gratuita! E forma parte dunha das numerosas actividades que se enmarcan dentro Programa “Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo XXI” da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Por motivos de xestión de aforo, precísase unha inscrición previa que se poderá facer ata o día 8 de outubro (día anterior á proxección) chamando ao 988451293 ou ao 604037952 (tamén Whatsapp).

Esta actividade será realizada baixo todos os controis de seguridade e hixiene precisos ante a COVID-19 (limpeza e distancia de seguridade entre cadeiras, lugar amplo, semiaberto e ventilado, xel hidroalcólico a disposición…) polo que a asistencia á mesma faise totalmente segura.

#aculturasegue #rededinamizacionlinguistica #politicalinguistica #vialacteafilmes