PEQUE-DISCO MOC MOC: UNHA FESTIÑA DE COMEZO DE VERÁN!

PEQUE-DISCO MOC MOC: UNHA FESTIÑA DE COMEZO DE VERÁN!

O vindeiro xoves día 30 de xuño, a partires das 18:30h. o noso concello acollerá unha festiña de comezo do verán: «PEQUE DISCO MOC MOC» virá dinamizar aos cativos e non tan cativos animándoos a bailar divertidas coreografías con música moi animada, e tamén disfrutar cun espectáculo de malabares sorprendente. Pode asistir todas aquelas persoas que o desexen xa que a entrada é libre!

Todo elo está organizado dentro do proxecto «A Biblioteca de Verán da Bola» que levará a biblioteca á Área Recreativa do río Orille ao longo deste verán 2022. Esta iniciativa está cofinanciada a través do programa «Ler Conta Moito» da Xunta de Galicia e a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, da que forma parte a Biblioteca Pública Municipal de A Bola.

AMPLIACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO DO SAF DO CONCELLO

AMPLIACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO DO SAF DO CONCELLO

Por Resolución da alcaldesa, do día 14 de xuño de 2022, aprobáronse as bases para a ampliación da bolsa de emprego de auxiliares para o servizo de axuda no fogar como persoal laboral temporal. A duración da bolsa de emprego será ata o 31/12/2022 e o prazo de presentación das solicitudes deberase facer nos cinco días hábiles seguintes dende hoxe que foi publicado este anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Pódense presentar as solicitudes será no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a venres.

As bases da convocatoria pónse consultar xa presencialmente na casa do concello en horario de oficina e na sede electrónica do Concello da Bola (https://abola.sedeelectronica.gal).