«XI SUBIDA O FURRIOLO» no Concello de A Bola

Os vindeiros 11 e 12 de xuño o concello de A Bola acollerá o rally «XI Subida O Furriolo», retomando esta competición cuxa anterior edición remóntase ao ano 2015.

O sábado faranse as dúas primeiras mangas de adestramento, e o domingo as outras dúas, saíndo dende a localidade de Veiga e percorrendo 5km ao longo da estrada OU-131 de cara ao Alto do Furriolo, e supoñendo unha das subidas máis bonitas que existen na actualidade en Galicia. O firme está en perfecto estado e existen numerosas zonas seguras onde os/as afecionados/as poderán disfrutar desta competición.

Organizada pola escudería «Seat Celanova Motor» coa colaboración de «HC Competición», suporá esta a segunda proba do Campionato de Galicia de Montaña (que comezou en Oia hai dúas semanas).

«VERANOTECA» DA BOLA – CAMPAMENTO DE VERÁN 2022

«VERANOTECA» DA BOLA – CAMPAMENTO DE VERÁN 2022

A partires do vindeiro luns día 6 e ata o 24 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para a nosa Veranoteca, organizada polo concello de A Bola coa financiación da Xunta de Galicia. Este campamento de verán-ludoteca é unha actividade enmarcada dentro do Programa de Fomento da Conciliación Municipal. Dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, que poderán disfrutar de obradoiros creativos e literarios, xinkanas e grandes xogos, baile e música, xogos tradicionais e con novas tecnoloxías, dinámicas de educación emocional, cración dunha horta, saídas… Todo isto durante os meses de xullo e agosto, en horario de 10h. a 14h. e sempre da man de profesionais con titulación, formación e experiencia.

Poderán solicitar a participación das súas crianzas todas aquelas familias que estén interesadas, sendo gratuita a participación. Para ter máis información, obter a ficha de inscrición ou solicitar información relativa aos prezos para as familias non empadroadas, podedes dirixirvos en persoa ás oficinas municipais situadas en Campo de Veiga nº4, contactar por teléfono (988451293 / 604037952) ou escribir un corre electrónico (educacionfamiliar@concelloabola.gal).