Mª Teresa Barge acudiu a esta importante reunión en representación do concello de A Bola, un dos 25 concellos que conforman o territorio do GDR Limia-Arnoia e que se suman a esta interesante e útil iniciativa á que se pode acceder a través da dirección web: www.aterra.gal
A partires do vindeiro luns día 6 e ata o 24 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para a nosa Veranoteca, organizada polo concello de A Bola coa financiación da Xunta de Galicia. Este campamento de verán-ludoteca é unha actividade enmarcada dentro do Programa de Fomento da Conciliación Municipal. Dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, que poderán disfrutar de obradoiros creativos e literarios, xinkanas e grandes xogos, baile e música, xogos tradicionais e con novas tecnoloxías, dinámicas de educación emocional, cración dunha horta, saídas… Todo isto durante os meses de xullo e agosto, en horario de 10h. a 14h. e sempre da man de profesionais con titulación, formación e experiencia.
Poderán solicitar a participación das súas crianzas todas aquelas familias que estén interesadas, sendo gratuita a participación. Para ter máis información, obter a ficha de inscrición ou solicitar información relativa aos prezos para as familias non empadroadas, podedes dirixirvos en persoa ás oficinas municipais situadas en Campo de Veiga nº4, contactar por teléfono (988451293 / 604037952) ou escribir un corre electrónico (educacionfamiliar@concelloabola.gal).
No mes de xuño levaranse a cabo tres xornadas formativas no concello de A Bola relacionadas con traballos forestais:
PLANIFICACIÓN PARA PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS
MANEXO DO SOUTO
PRAGAS E DOENZAS DOS CASTIÑEIROS
Estarán impartidas polo «Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós (Ourense)» en colaboración coa Consellería de Medio Rural e AGACAL. Poderán anotarse todas aquelas en idade laboral que estean interesadas cubrindo un formulario que está dispoñible para descargar na sede electrónica do concello e enviándoo cuberto ao correo: concello@concelloabola.gal, ou tamén cubríndoo e entregándoo en persoa nas dependencias do concello (horario de 9 a 15h. de luns a venres). Para ter máis información, podedes chamar ao 988451293 (extensión 5). As datas límite de inscrición serán do 31 de maio para a xornada do día 2 de xuño, e o día 25 de maio para as outras dúas.