«VERANOTECA» DA BOLA – CAMPAMENTO DE VERÁN 2022

Jun 3, 2022Actividades, Actualidade

A partires do vindeiro luns día 6 e ata o 24 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para a nosa Veranoteca, organizada polo concello de A Bola coa financiación da Xunta de Galicia. Este campamento de verán-ludoteca é unha actividade enmarcada dentro do Programa de Fomento da Conciliación Municipal. Dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, que poderán disfrutar de obradoiros creativos e literarios, xinkanas e grandes xogos, baile e música, xogos tradicionais e con novas tecnoloxías, dinámicas de educación emocional, cración dunha horta, saídas… Todo isto durante os meses de xullo e agosto, en horario de 10h. a 14h. e sempre da man de profesionais con titulación, formación e experiencia.

Poderán solicitar a participación das súas crianzas todas aquelas familias que estén interesadas, sendo gratuita a participación. Para ter máis información, obter a ficha de inscrición ou solicitar información relativa aos prezos para as familias non empadroadas, podedes dirixirvos en persoa ás oficinas municipais situadas en Campo de Veiga nº4, contactar por teléfono (988451293 / 604037952) ou escribir un corre electrónico (educacionfamiliar@concelloabola.gal).