SERVIZO DE ATENCIÓN «CONCILIA VERÁN 2023»

SERVIZO DE ATENCIÓN «CONCILIA VERÁN 2023»

O noso concello poñerá en funcionamento durante os meses de xullo, agosto e ata o 8 de setembro un servizo de atención a crianzas que abarcará horario de mañá e horario de tarde, para favorecer a conciliación entre a poboación municipal. Este servizo de conciliación ao que cada verán unha vintena de familias recorren para poder compaxinar a súa vida laboral, familiar e persoal, verase mellorado en canto a horario de atención (un total de 8 horas diarias) e tamén a número de familias que se poidan beneficiar do mesmo (prinicipalmente aquelas con horario partido, turnos de traballo rotativos…).

As familias que desexen solicitar praza neste servizo poderán elexir por semanas ou quincenas, nunha quenda ou nas dúas segundo precise, e para elo deberán cubrir un formulario que poderán descargar da nosa sede electrónica ou solicitalo chamando ao 988451293 ou 604037952, ou no correo: educacionfamiliar@concelloabola.gal, onde tamén poderán ter máis información sobre o servizo.

O PRAZO DE SOLICITUDES SERÁ DENDE HOXE LUNS DÍA 12 DE XUÑO ATA O VENRES 23 DE XUÑO.

«ESPAZO MEDRANDO XUNT@S»: SERVIZO DE ATENCIÓN Á INFANCIA E ADOLESCENCIA NO CONCELLO DE A BOLA

«ESPAZO MEDRANDO XUNT@S»: SERVIZO DE ATENCIÓN Á INFANCIA E ADOLESCENCIA NO CONCELLO DE A BOLA

O concello de A Bola poñerá en funcionamento a partires do vindeiro mes un servizo de atención á infancia e adolescencia para crianzas de ata 16 anos de idade de luns a venres en horario de tarde, para fomentar a conciliación das familias e tamén ofertar un servizo de calidade na atención aos/ás menores no que formentar o desenvolvemento da súa autonomía, as súas habilidades e reforzar coñecementos. Todas as persoas interesadas poden completar información e realizar as inscricións por correo electrónico (educacionfamiliar@concelloabola.gal) ou teléfono (988451293 – 604037952). AS PRAZAS SON LIMITADAS.

Esta medida é posible grazas á organización do concello de a Bola coa financiación recibida a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia e o Ministerio.