Este venres no Local Social de Veiga, ás 16:30h. celebraremos unha festiña de Entroido dirixida a familias e crianzas na que realizaremos un obradoiro, faremos xogos, haberá música e tamén unha pequena merendiña de picoteo. Será gratuita para persoas empadroadas e terá un custe de 2 euros por persoa para aquelas non empadroadas. Para asistir é preciso inscribirse previamente chamando ao 988451293 ou escribindo un correo a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.
O vindeiro xoves 24 de febreiro ás 17h. no Local Social de Veiga (baixo concello) realizaremos un obradoiro no que poderán participar tanto nenos/as coma xóvenes e persoas adultas para coñecer a historia e imaxe dunha personaxe propia da historia do Entroido do concello de A Bola; «a Vella» de San Miguel de Berredo. Poderemos tamén xogar a crear unha máscara e sombreiro como o que ela levaba, nun ambiente festivo e divertido.
Debido á situación sanitaria da Covid-19, as prazas serán limitadas e será preciso anotarse con antelación ata o mércores día 23 chamando ao 988451293 ou 604037952 (aquí tamén se atende whatsapp ou telegram), ou tamén escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal
No concello de A Bola temos unha Meca moi particular, que lle gusta moito que a saúden e coñecer xente, e tamén tomarse un refresquiño ao sol ás portas do edificio consistorial, xa que a hostalería aínda permanece pechada e reivindicando a pronta saída desta crise e volta a poder atoparnos novamente… Iso si, con todas as medidas de seguridade! ;-P
Esta Meca foi creada polas nosas crianzas que vos indican, tal e como di o cartaz que leva consigo a figura: «Se ao noso concello queres entrar, á Meca debes saudar; se no noso concello queres permanecer, á Meca debes coñecer». Así que xa estades a tardar en visitala, saudala, e sacarvos unha fotiño con ela (podedes etiquetarnos nas nosas redes sociais de Facebook e Instagram!)
Que pasedes un feliz Entroido! A pesares das circunstancias, que poidades disfrutalo con sentidiño, respectando todas as medidas de seguridade pero nunca perdendo a ilusión!