ACTIVIDADE DE ENTROIDO 2022

Feb 16, 2022Actividades, Actualidade, Eventos

O vindeiro xoves 24 de febreiro ás 17h. no Local Social de Veiga (baixo concello) realizaremos un obradoiro no que poderán participar tanto nenos/as coma xóvenes e persoas adultas para coñecer a historia e imaxe dunha personaxe propia da historia do Entroido do concello de A Bola; “a Vella” de San Miguel de Berredo. Poderemos tamén xogar a crear unha máscara e sombreiro como o que ela levaba, nun ambiente festivo e divertido.

Debido á situación sanitaria da Covid-19, as prazas serán limitadas e será preciso anotarse con antelación ata o mércores día 23 chamando ao 988451293 ou 604037952 (aquí tamén se atende whatsapp ou telegram), ou tamén escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal

ANIMÁDEVOS A VIR ENTROIDAR CON NÓS!