Este xoves día 1 de decembro ás 17h no local social de Veiga acolleremos por fin o espectáculo «Xogar e Aprender en Galego Mola!» que está dirixido a público infantil e familiar. A entrada é libre, non deixedes de asistir!
É un espectáculo incluído no Programa FalaRedes da Xunta de Galicia (Rede de Dinamización Lingüïstica)
O vindeiro sábado día 8 de outubro ás 11:30h o Local Social de Veiga (baixo concello) acollerá a actuación de «Petiscos da Lingua», un espectáculo infantil que ten como finalidade dar a coñecer e fomentar a práctica de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia no ámbito familiar e da veciñanza para contribuír á transmisión interxeracional da lingua. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma de ditos tradicionais como os recollidos na serie de vídeos realizada pola compañía Migallas Teatro dentro do Programa de Dinamización Lingüística «FalaRedes». A entrada é libre!
O pasado martes as crianzas do noso concello recibiron ao Apalpador e ao resto de personaxes que encheron o escenario de títeres: Martino, Andrés, o morcego torpón, un monstro monstruoso, un cocho-vehículo… As risas e aplausos encheron o local social de Veiga nunha tarde que se fixo do máis entretida.