CAMPAMENTO «LUDONADAL» DO CONCELLO DE A BOLA

CAMPAMENTO «LUDONADAL» DO CONCELLO DE A BOLA

Xa está aberto o prazo para inscricións no noso campamento «Ludonadal» que se levará a cabo de luns a venres dende o 23 de decembro de 2022 ao 5 de xaneiro do 2023 en horario de 10:45h a 12:45h. Faremos xogos, manualidades, adornos de Nadal, actividades de informática, festiña de Fin de Ano, espectáculo de teatro de sombras…

Para máis información e inscricións debedes contactar por teléfono no 988451293 ou 604037952 (esta tamén a través de WhatsApp ou Telegram), ou por correo electrónico: educacionfamiliar@concelloabola.gal. AS PRAZAS SON LIMITADAS. Data límite de inscricións: 21 de decembro.

O proxecto «Ludonadal» está enmarcado dentro do Programa de Fomento da Conciliación Municipal

«VERANOTECA» DA BOLA – CAMPAMENTO DE VERÁN 2022

«VERANOTECA» DA BOLA – CAMPAMENTO DE VERÁN 2022

A partires do vindeiro luns día 6 e ata o 24 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para a nosa Veranoteca, organizada polo concello de A Bola coa financiación da Xunta de Galicia. Este campamento de verán-ludoteca é unha actividade enmarcada dentro do Programa de Fomento da Conciliación Municipal. Dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, que poderán disfrutar de obradoiros creativos e literarios, xinkanas e grandes xogos, baile e música, xogos tradicionais e con novas tecnoloxías, dinámicas de educación emocional, cración dunha horta, saídas… Todo isto durante os meses de xullo e agosto, en horario de 10h. a 14h. e sempre da man de profesionais con titulación, formación e experiencia.

Poderán solicitar a participación das súas crianzas todas aquelas familias que estén interesadas, sendo gratuita a participación. Para ter máis información, obter a ficha de inscrición ou solicitar información relativa aos prezos para as familias non empadroadas, podedes dirixirvos en persoa ás oficinas municipais situadas en Campo de Veiga nº4, contactar por teléfono (988451293 / 604037952) ou escribir un corre electrónico (educacionfamiliar@concelloabola.gal).

ACTIVIDADES DE VERÁN NO «ESPAZO MEDRANDO XUNT@S»

ACTIVIDADES DE VERÁN NO «ESPAZO MEDRANDO XUNT@S»

Un ano máis o concello de A Bola pon en marcha as actividades dirixidas á infancia dentro do seu «Espazo Medrando Xunt@s» en época estival promovendo a conciliación das familias do municipio e dinamizando o lecer e tempo libre das súas crianzas.

Estas actividades darán comezo o vindeiro 28 de xuño e rematarán o 3 de setembro. Serán de luns a venres en horario de 9:45h a 13:15h. con prazas limitadas e coma sempre cumprindo cos protocolos vixentes contra a Covid-19 en canto a hixiene e seguridade.

Para solicitar a instancia de inscrición ou pedir máis información pódese contactar por correo electrónico: educacionfamiliar@concelloabola.gal, ou por teléfono no 988451293 (extensión 4) ou no 604037952 (aquí tamén atendemos mensaxes de whatsapp e telegram). AS PRAZAS SON LIMITADAS! O prazo de inscrición será ata o mércores 23 de xuño ás 14h.

Esperámoste!