«A BOLA VÍSTESE DE NADAL»

Formación en Redes Sociais

Coñeces como funcionan as Redes Sociais? Se a túa respostas é negativa, non te perdas o próximo curso formativo da nosa aula CeMIT. Un curso onde aprenderás a utilizar as redes sociais sen medo! Coñeceremos as redes sociais máis utilizadas na actualidade.Por protocolo covid as prazas son reducidas, se che interesa ou coñeces a alguén que queira participar non dúbides e apúntate!!

ACTIVIDADES DE LECER E EDUCATIVAS PARA AS CRIANZAS ESTA SEMANA SANTA NO CONCELLO DE A BOLA

ACTIVIDADES DE LECER E EDUCATIVAS PARA AS CRIANZAS ESTA SEMANA SANTA NO CONCELLO DE A BOLA

O concello de A Bola, seguindo a liña de promover iniciativas e espazos para fomentar a conciliación laboral, familiar e pesoal das veciñas e veciños do municipio, abre novamente o Espazo «Medrando Xunt@s» para levar a cabo actividades de lecer e tempo libre socioeducativas dirixidas a crianzas de entre 3 e 12 anos de idade os días 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril en horario de 9:45h. a 13:15h. coincidindo coas vacacións lectivas.

Para poder asistir, é preciso realizar unha inscrición previa para a cal pódese chamar ao 988451293 (extensión 4) ou ben escribindo un correo electrónico á dirección: biblioteca@concelloabola.gal, onde tamén se dará toda a información que se precise ao respecto destas actividades.

O día que rematará o prazo de inscrición será o xoves 25 de marzo ás 14h. e haberá prazas limitadas respectando o aforo e ratio máximo para dita actividade, e seguindo no seu desenrolo o correspondente protocolo de seguridade e hixiene ante a Covid-19.

NOVA CANLE POR MENSAXERÍA PARA INFORMACIÓN Á VECIÑANZA

NOVA CANLE POR MENSAXERÍA PARA INFORMACIÓN Á VECIÑANZA

O Concello de A Bola acaba de crear unha canle a través da aplicación de mensaxería instantánea «Telegram» para ofrecer á poboación a posibilidade de estar informada dun xeito máis directo no seu teléfono móbil e ao instante sobre información municipal de interese e as diferentes actividades e iniciativas que se promoven dende o concello para toda a veciñanza.

Para poder recibir deste xeito a información, é preciso descargar a aplicación «Telegram» dende as plataformas Google Play (Android) ou Apple Store (Iphone/Apple) e buscar a nosa canle: https://t.me/ActividadesConcelloABola

Non dubidedes en difundir esta información e compartila con quen pensedes que lle poida resultar de interese!