FESTIÑA DE ENTROIDO 2023

FESTIÑA DE ENTROIDO 2023

Este venres no Local Social de Veiga, ás 16:30h. celebraremos unha festiña de Entroido dirixida a familias e crianzas na que realizaremos un obradoiro, faremos xogos, haberá música e tamén unha pequena merendiña de picoteo. Será gratuita para persoas empadroadas e terá un custe de 2 euros por persoa para aquelas non empadroadas. Para asistir é preciso inscribirse previamente chamando ao 988451293 ou escribindo un correo a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.

MAGOSTO 2022: «II Festa de Exaltación da Castaña»

Este venres día 11 de novembro celebraremos novamente o noso esperado magosto, no que a partires das 18h. poderemos compartir dunha merenda con castañas, pan, chourizo e viño amenizada con espectáculos musicais e teatrais para todos os públicos. A Coral Municipal da Bola e os Amigos do Acordeón Terras de Celanova actuarán dende as 18h. ata as 19h, dando paso a unha obra de teatro infantil e familiar chamada «Xogar e Aprender en Galego Mola!», pertencente á oferta de espectáculos dentro do programa «falaRedes» da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

A entrada é gratuita para a veciñanza, e hai que anotarse previamente durante esta semana chamando ao concello (988451293) en horario de oficina (de 9 a 15h). Non faltedes!

MAXIA DIVERTIDA NA ÁREA RECREATIVA

MAXIA DIVERTIDA NA ÁREA RECREATIVA

Este mércores día 10 ás 18:30h ha Área Recreativa da Bola haberá un espectáculo de maxia divertida para toda a familia, con entrada libre para quen desexe asistir. Grandes e pequenos/as poderemos disfrutar dun espectáculo entretido e interactivo.

(ante a posible presenza de tormenta, en caso de chuvia non se anulará o espectáculo, senon que o trasladaremos á nave de Cacabelos, situada a uns cantos metros da área recreativa).

Esperámosvos!!

XORNADAS FORMATIVAS FORESTAIS NO MES DE XUÑO

No mes de xuño levaranse a cabo tres xornadas formativas no concello de A Bola relacionadas con traballos forestais:

  • PLANIFICACIÓN PARA PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS
  • MANEXO DO SOUTO
  • PRAGAS E DOENZAS DOS CASTIÑEIROS

Estarán impartidas polo «Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós (Ourense)» en colaboración coa Consellería de Medio Rural e AGACAL. Poderán anotarse todas aquelas en idade laboral que estean interesadas cubrindo un formulario que está dispoñible para descargar na sede electrónica do concello e enviándoo cuberto ao correo: concello@concelloabola.gal, ou tamén cubríndoo e entregándoo en persoa nas dependencias do concello (horario de 9 a 15h. de luns a venres). Para ter máis información, podedes chamar ao 988451293 (extensión 5). As datas límite de inscrición serán do 31 de maio para a xornada do día 2 de xuño, e o día 25 de maio para as outras dúas.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO: OFICIAL DE 1ª

Por Resolución da alcaldesa do 11 de febreiro de 2022, aprobáronse as Bases para a selección e posterior contratación dun/dunha oficial/a de 1ª. Duración do contrato: desde o 1 de marzo de 2022 ata o 31 de decembro de 2022. Clase de persoal: laboral temporal. Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicarse o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres; ou por calquera dos establecidos na lei. Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello da Bola, en horario de oficina, ou na sede electrónica do concello.

Anuncio publicado hoxe no BOP (16/02/2022, páx. 8)