II XORNADA DE CREACIÓN DE CÓMIC DIXITAL NA CEMIT

O vindeiro luns 20 de xuño, de 17h a 19h levarase a cabo a segunda xornada de creación de cómic dixital na aula Cemit da Bola. A actividade está dirixida a rapaces/as de entre 7 e 13 anos, e quen desexe participar debe contactar co concello no 988451293 ou escribindo un correo a: biblioteca@concelloabola.gal.

VINDEIRO COBRO DE TRIBUTO DO IBI E RECOLLIDA DE RESÍDUOS URBANOS DO ANO 2022

VINDEIRO COBRO DE TRIBUTO DO IBI E RECOLLIDA DE RESÍDUOS URBANOS DO ANO 2022

Publicada hoxe no BOP de Ourense nº 120 a próxima apertura do período de cobro das taxas de IBI (Imposto de Bens Inmobles) e da recollida de resíduos urbanos para o presente ano 2022. A cobranza en período voluntario terá lugar desde o día 1 de xuño de 2022 ao 31 de agosto de 2022.

Lugar e forma de pagamento: os contribuíntes recibirán no seu domicilio os impresos dos recibos-resgardo de pagamento,
que deberán aboar en calquera oficina de Abanca, Banco Pastor, Banco Popular, BBVA, Banco Santander, Banco SabadellGallego, Caixabank (entidades colaboradoras) ou en calquera oficina da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos, no prazo antes mencionado do 1 de xuño de 2022 ao 31 de agosto de 2022.

Se algún contribuínte non recibe no seu domicilio os referidos impresos, poderá solicitar duplicado nas oficinas de Recadación desta deputación, e advírtese de que o feito de non recibiren os impresos non exime da obrigación de efectuar o pagamento no prazo mencionado, sempre que figure como contribuínte nas listas cobratorias. Para a validez do pagamento, os impresos deben estar referendados por impresión mecánica ou sinatura autorizada da correspondente oficina da entidade bancaria.

Lembramos que a entidade que xestiona esta recadación para o noso concello é a Deputación de Ourense, á que vos poderedes dirixir para resolver dúbidas ou realizar calquera trámite ao respecto desta cobranza (teléfono: 988317720)

Enlace ao BOP: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=120&fecha=20220527

AVISO SOBRE A RECOLLIDA DE AXUDA PARA UCRANIA

Debido á cantidade de obxectos recibidos, deixarase de recoller mañá toda axuda humanitaria para Ucrania ata novo aviso. Procederase a aportar todo o recopilado á Deputación de Ourense, coa que se realiza esta iniciativa solidaria.

Moitas grazas a todos os veciños e veciñas pola súa solidariedade!

RECOLLIDA DE FIRMAS

Comunicamos á veciñanza que está a disposición na oficina de Rexistro do concello de A Bola unhas follas de recollida de firmas co obxectivo de manifestar unha protesta en desacordo coa implantación masiva e sen control da modalidade de pesca sen morte e vedados permanentes, nos tramos e cauces dos ríos ourensáns, como único modo da práctica da pesca, en detrimento da pesca tradicional e da liberdade individual.

Os/as pescadore/as e veciños/as ribeireños/as dos ríos ourensáns que están a promover esta iniciativa esixen así que se lles devolvan ao seu estado anterior a totalidade dos ríos que tiveron sempre un carácter libre de uso na práctica da pesca fluvial e que non se modifique o seu estado libre sen estudos previos cuxo resultado puidera recomendar mudar a súa modalidade de aproveitamento.

«A BOLA VÍSTESE DE NADAL»