VISITA DOS REIS MAGOS POLOS POBOS DO CONCELLO

Este xoves día 5 ás 10:30h. uns Reis Magos moi especiais sairán dende a Casa Consistorial nos vehículos municipais para visitar todas as parroquias do concello repartindo caramelos e levarlles música e animación durante o día previo á noite máxica de Reis. A visita prolongarase durante toda a mañá e parte da tarde.

Espectáculo de teatro de sombras: «EL MENSAJE»

Espectáculo de teatro de sombras: «EL MENSAJE»

Mañá mércores día 4 de xaneiro ás 12h no local social de Veiga acolleremos o espectáculo «El Mensaje», unha obra de teatro de sombras que nace do traballo realizado no obradoiro creativo de teatro de sombras que A Casa Vella de Amiadoso levou a cabo en colaboración co noso concello nos meses de novembro e decembro do pasado 2022. Valérie Lenders é a artista responsable desta iniciativa e acompañará aos nenos e nenas neste espectáculo, xa que serán eles/as os/as responsables de executar esta obra que busca contar unha historia, con certo paralelismo á dos Reis Magos coa estrela de Oriente, tratando de concienciar sobre a cooperación, a solidariedade, e o respecto á natureza, entre outros importantes valores.

A entrada é libre para quen desexe asistir, e ao remate poñeremos un pequeno picoteo de roscón de Reis e bica para as crianzas e persoas asistentes.

Chega o espectáculo infantil e familiar «Xogar e aprender en galego mola!» ao local social de Veiga

Chega o espectáculo infantil e familiar «Xogar e aprender en galego mola!» ao local social de Veiga

Este xoves día 1 de decembro ás 17h no local social de Veiga acolleremos por fin o espectáculo «Xogar e Aprender en Galego Mola!» que está dirixido a público infantil e familiar. A entrada é libre, non deixedes de asistir!

É un espectáculo incluído no Programa FalaRedes da Xunta de Galicia (Rede de Dinamización Lingüïstica)

PRESENTACIÓN DO LIBRO «A LISTA DA COMPRA» DE MARÍA BESTEIROS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

PRESENTACIÓN DO LIBRO «A LISTA DA COMPRA» DE MARÍA BESTEIROS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O VINDEIRO MÉRCORES DÍA 30 DE NOVEMBRO ÁS 17H NA NOSA BIBLIOTECA MUNICIPAL TEREMOS O PRIVILEXIO DE ACOLLER A PRESENTACIÓN DO LIBRO «A LISTA DA COMPRA» DA MAN DA SÚA AUTORA, María Besteiros, CARACTERIZADA POR INTERESARSE NA ESCRITA DE MULLERES ANALIZADA DENDE A PERSPECTIVA FEMINISTA.

«A LISTA DA COMPRA» RECOLLE NAS SÚAS PÁXINAS O POBO DE MORGADE, UBICADO NO NOSO CONCELLO, E ACABA DE SER PUBLICADO NESTE ANO 2022.

NON PERDADES A OPORTUNIDADE DE ASISTIR A ESTA PRESENTACIÓN E COÑECER A ESTA AUTORA E ESTA SÚA OBRA RECENTE QUE XA FORMA PARTE DAS IMPRESCINDIBLES DA NOSA BIBLIOTECA