XORNADAS INTERXERACIONAIS DE CACHIBOL

XORNADAS INTERXERACIONAIS DE CACHIBOL

Os vindeiros mércores 19 e 26 de agosto e 2 de setembro de 18:30h a 20:00h levaranse a cabo na área recreativa do noso concello unhas xornadas interxeracionais de Cachibol, un deporte apto para todas as idades e moi entretido! Poden participar as crianzas, a mocidade, as persoas adultas e maiores… tod@s sodes benvid@s!

Esta actividade do concello de A Bola é gratuita e impulsada por Risaplüs e a Deputación de Ourense.

Para máis información, poñerse en contacto co noso concello presencialmente nas oficinas, por teléfono (988451293) ou por correo electrónico (servizossociais@concelloabola.gal).

Animádevos a participar!

VENRES TEMÁTICO NA ÁREA RECREATIVA: «A BUSCA DO TESOURO PIRATA»

VENRES TEMÁTICO NA ÁREA RECREATIVA: «A BUSCA DO TESOURO PIRATA»

O vindeiro venres día 14 de agosto de 9:45h. a 13:15h. levaremos a cabo na área recreativa do concello de A Bola unha xornada temática, «A Busca do Tesouro Pirata» na que as crianzas de entre 3 a 12 anos tratarán de superar unha serie de xogos e probas para acadar pistas que as leven a atopar un tesouro pirata agochado.

Todas as crianzas que desexen participar deben anotarse previamente antes do xoves 13 ás 14h. chamando aos números 988451293 ou 604037952, ou tamén escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal

REEDICIÓN DE VERÁN DA ESCOLA DE FAMILIAS ONLINE

REEDICIÓN DE VERÁN DA ESCOLA DE FAMILIAS ONLINE

Dende o peche da última edición online do noso proxecto «Escola de Familias», recibimos a través do noso Programa de Educación e Apoio Familiar solicitudes de información e interese en relación á sesión de Crianza Positiva que emitimos no pasado mes de xuño, plantexando a posibilidade de aproveitar esta modalidade formativa e informativa acerca deste interesante tema, polo que de xeito excepcional decidimos abrir novamente un prazo de inscrición para acceder aos vídeos que compoñen esta sesión, nun formato de reedición de verán 🤩

Os vídeos da sesión CRIANZA POSITIVA estarán dispoñibles durante 15 días desta volta, dende o 14 ao 28 do presente mes de agosto para todas aquelas persoas que se anoten chamando ao 988451293 ou ao 604037952, ou enviando un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.

Grazas de novo polo voso interese e a estupenda acollida das nosas propostas e actividades! No verán non paramos… seguimos!