«Aprendendo con Kahoot!», unha nova proposta da nosa Aula CeMIT

Sep 1, 2020Actividades, Actualidade, Eventos

Este xoves día 3 de setembro en horario de 10h. a 13h. a Aula CeMIT de A Bola levará a cabo unha nova xornada lúdica e educativa para crianzas de entre 3 e 12 anos de idade na que usando a ferramenta dixital «Kahoot!» aprenderán divertíndose diferentes contidos á vez que adquiren destreza no manexo das novas tecnoloxías con fins didácticos.