Dende mañá martes día 11 e ata o día 31 deste mes de maio a aula CeMIT do concello de A Bola acollerá unha serie de sesións formativas a través da AMTEGA, o CEPEIG e SomosDixital dirixidas a persoas maiores e relacionadas coas novas tecnoloxías orientadas a favorecer o envellecemento saudable. As sesións teñen unha duración media dunha hora e son en horario de mañá.
Para ter máis información sobre as mesmas e anotarse, podedes contactar coa aula CeMIT municipal chamando ao 988451293 ou 604037952, e tamén escribindo un correo electrónico a: biblioteca@concelloabola.gal
O martes 19 e mércores 20 de abril estará na zona de aparcamento do concello de A Bola unha unidade móbil da empresa «Carglass» que ofrecerá tratamento antimosquitos e antichuvia de xeito gratuito para todos os vehículos que se acheguen en horario de 10h. a 14h. Non é necesaria cita previa.
Sendo conscientes do incremento deste gasto dentro dos nosos fogares e da incertidume e descoñecemento que moita xente ten de parte dos conceptos que veñen reflectidos na actual factura da luz, esta sesión formativa e informativa levada a cabo por un profesional experto no sector trataremos de axudar a aquelas persoas que participen dela que poidan comprender con maior claridade a súa factura da luz, ademáis de poder esclarecer todas as dúbidas que ao respecto poida presentar. Ademáis, tamén se expoñerá o estado actual e previsto do mercado da electricidade (tarifas, taxas, modalidades…) e facilitará a quen asista para que poida axustar os servizos que ten contratados para os que realmente precisa e para o tipo de consumo que realiza. Haberá tamén un apartado específico para falar do Bono Social Eléctrico (en qué consiste, condicións para ser beneficiario/a e como solicitalo).
Levarase a cabo o martes día 26 de abril ás 10:30h. A sesión terá unha hora e media de duración, e as prazas son limitadas, sendo preciso realizar inscrición previa para poder participar (por teléfono chamando ao 988451293 ou 604037952, ou ben por correo electrónico: educacionfamiliar@concelloabola.gal)
Co fin de asegurar o disfrute das persoas maiores do seu tempo de ocio nunha contorna natural e saudable, a Consellería de Política Social oferta estadias de 5 días en réxime de aloxamento e pensión completa na residencia de tempo libre de Carballiño nas seguintes datas:
Primeira quenda: Do 2 ao 6 de maio (con entrada o día 2 para xantar e saída o día 6 despois de almorzar)
Segunda quenda: Do 9 ao 13 de maio (con entrada o día 9 para xantar e saída o día 13 despois de almorzar)
Terceira quenda: Do 16 ao 20 de maio (con entrada o día 16 para xantar e saída o día 20 despois de almorzar)
Os prezos establecidos por normativa son de 119,05 € por quenda e habitación dobre, e de 139,75 € por quenda e habitación individual.
As solicitudes deben dirixirse dende o centro sociocomunitario á Residencia de Tempo Libre do Carballiño ao seguinte enderezo de correo electrónico: rtlcarballino@xunta.gal .
As prazas cubriranse por riguroso orde de entrada de solicitudes na residencia de tempo libre. Una vez seleccionadas as persoas usuarias das estadías, o abonamento das estadías levarase a cabo previa liquidación do importe pola residencia.
A iniciativa da Xunta de Galicia «Coidados porta a porta» chegará ao concello de A Bola os días 13, 16, 18 e 19 de maio para ofrecer consultas de audioloxía, podolosía e estimulación da memoria. Un autobús estará ubicado no aparcamento da casa do concello para atender a aquelas persoas maiores de 55 anos que así o soliciten estes servizos consistentes en:
Servizo de podoloxía: Consultas básicas, valoración do estado xeral do pé, corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas, callos e helomas.
Servizo de audioloxía: valoración e exploración da audición e prevención da pérdida auditiva.
Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas dende unha perspectiva terapéutica de cómo previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
HORARIOS DOS SERVIZOS OFRECIDOS:
Servizo de podoloxía e audioloxía: de 9h. a 20h.
Servizo de estimulación da memoria: de 10h. a 18h.
Para poder ser atendido/a, DÉBESE PEDIR CITA PREVIA chamando ao teléfono 622 748 283 ou por correo electrónico: coidadosportaaporta@silman.es.
Nesta Semana Santa coincidindo coas vacacións lectivas dos cativos e cativas, o concello de A Bola ofrece un campamento para buscar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar das familias do concello. Levaranse a cabo nos días 11, 12, 13 e 18 de abril, en horario de 10h. a 14h., actividades de diverso tipo das que poderán disfrutar os nenos e nenas participantes: informática, ioga, traballo e coñecemento das emocións, contacontos e creacións literarias, xinkanas e rastrexos… As familias interesadas deben anotarse previamente ata este venres día 8 de abril chamando aos números 988451293 ou 604037952, ou escribindo un correo electrónico a: biblioteca@concelloabola.gal.