O concello de A Bola poñerá ofrecerá novamente durente este primeiro semestre do ano o servizo de atención á infancia «Espazo Medrando Xunt@s», en horario de tarde para favorecer a conciliación laboral, familiar e persoal das familias do concello. Para ter máis información e realizar as inscricións correspondentes das crianzas interesadas en participar, podedes chamar por teléfono ao concello ou escribir un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal
Xa está aberto o prazo para inscricións no noso campamento «Ludonadal» que se levará a cabo de luns a venres dende o 23 de decembro de 2022 ao 5 de xaneiro do 2023 en horario de 10:45h a 12:45h. Faremos xogos, manualidades, adornos de Nadal, actividades de informática, festiña de Fin de Ano, espectáculo de teatro de sombras…
Para máis información e inscricións debedes contactar por teléfono no 988451293 ou 604037952 (esta tamén a través de WhatsApp ou Telegram), ou por correo electrónico: educacionfamiliar@concelloabola.gal. AS PRAZAS SON LIMITADAS. Data límite de inscricións: 21 de decembro.
O proxecto «Ludonadal» está enmarcado dentro do Programa de Fomento da Conciliación Municipal
Este xoves día 1 de decembro ás 17h no local social de Veiga acolleremos por fin o espectáculo «Xogar e Aprender en Galego Mola!» que está dirixido a público infantil e familiar. A entrada é libre, non deixedes de asistir!
É un espectáculo incluído no Programa FalaRedes da Xunta de Galicia (Rede de Dinamización Lingüïstica)
O VINDEIRO MÉRCORES DÍA 30 DE NOVEMBRO ÁS 17H NA NOSA BIBLIOTECA MUNICIPAL TEREMOS O PRIVILEXIO DE ACOLLER A PRESENTACIÓN DO LIBRO «A LISTA DA COMPRA» DA MAN DA SÚA AUTORA, María Besteiros, CARACTERIZADA POR INTERESARSE NA ESCRITA DE MULLERES ANALIZADA DENDE A PERSPECTIVA FEMINISTA.
«A LISTA DA COMPRA» RECOLLE NAS SÚAS PÁXINAS O POBO DE MORGADE, UBICADO NO NOSO CONCELLO, E ACABA DE SER PUBLICADO NESTE ANO 2022.
NON PERDADES A OPORTUNIDADE DE ASISTIR A ESTA PRESENTACIÓN E COÑECER A ESTA AUTORA E ESTA SÚA OBRA RECENTE QUE XA FORMA PARTE DAS IMPRESCINDIBLES DA NOSA BIBLIOTECA
Este ano o concello da Bola lanza as Xornadas Violetas con motivo da conmemoriación do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, abarcando unha actividade dirixida a mulleres adultas o mércores 23 ás 16h. e para crianzas o venres 25 ás 16:30h. O venres, propio día conmemorativo, farase campaña dende o concello para concienciar e sensibilizar sobre a temática acompañando coa entrega de material editado para a ocasión.
Para participar nas actividades ou ter máis información podese contactar por teléfono (988451293 ou 604037952) ou correo electrónico (educacionfamiliar@concelloabola.gal).
Este venres día 11 de novembro celebraremos novamente o noso esperado magosto, no que a partires das 18h. poderemos compartir dunha merenda con castañas, pan, chourizo e viño amenizada con espectáculos musicais e teatrais para todos os públicos. A Coral Municipal da Bola e os Amigos do Acordeón Terras de Celanova actuarán dende as 18h. ata as 19h, dando paso a unha obra de teatro infantil e familiar chamada «Xogar e Aprender en Galego Mola!», pertencente á oferta de espectáculos dentro do programa «falaRedes» da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
A entrada é gratuita para a veciñanza, e hai que anotarse previamente durante esta semana chamando ao concello (988451293) en horario de oficina (de 9 a 15h). Non faltedes!