Augas de Galicia, organismo dependente da Xunta de Galicia, convoca liñas de axuda para mellora das instalacións de comunidades de usuarios de abastecementos para consumo humano (Código de procedemento: AU232A).
Para máis información poden dirixirse ás dependencias municipais en horario de 9:00h a 15:00h, ou chamar ao teléfono 988451293.
Este programa realiza atención directa e indirecta as familias e unidades familiares mediante sesións de valoración, seguemento e traballo individualizado e coas unidades de convivencia, orientadas a respostar as súas necesidades, tanto expresadas como detectadas: – orientación e inserción sociolaboral, -motivación e apoio psicolóxico, -aprendizaxe de habilidades parentais e marentais, -recursos de lecer sociocomunitario, -acompañamento en procesos de abandono de adiccións e tratamento de trastornos, -apoio nas habilidades domésticas e de atención á menores, -orientación socioeducativa, -intercambio con axentes sociais….
O traballo conxunto con outras entidades é fundamental, polo que se traballa en coordinación e en rede tanto con outros servizos sociais de diferente índole coma asociacións, ONG, centros educativos, de saúde, etc.
O obxetivo principal deste programa é a procura dunha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais, fomentando a inclusión activa co obxeto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa.
O Programa de Educación e Apoio Familiar do Concello de A Bola é unha operación cofinanciada polo Fondo Europeo Plus (FSE+) a través do «Programa FSE+ Galicia 2021-2027»