CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA «ESPAZO MEDRANDO XUNT@S»

CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA «ESPAZO MEDRANDO XUNT@S»

Nesta Semana Santa coincidindo coas vacacións lectivas dos cativos e cativas, o concello de A Bola ofrece un campamento para buscar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar das familias do concello. Levaranse a cabo nos días 11, 12, 13 e 18 de abril, en horario de 10h. a 14h., actividades de diverso tipo das que poderán disfrutar os nenos e nenas participantes: informática, ioga, traballo e coñecemento das emocións, contacontos e creacións literarias, xinkanas e rastrexos… As familias interesadas deben anotarse previamente ata este venres día 8 de abril chamando aos números 988451293 ou 604037952, ou escribindo un correo electrónico a: biblioteca@concelloabola.gal.

AVISO SOBRE A RECOLLIDA DE AXUDA PARA UCRANIA

Debido á cantidade de obxectos recibidos, deixarase de recoller mañá toda axuda humanitaria para Ucrania ata novo aviso. Procederase a aportar todo o recopilado á Deputación de Ourense, coa que se realiza esta iniciativa solidaria.

Moitas grazas a todos os veciños e veciñas pola súa solidariedade!

RECOLLIDA DE FIRMAS

Comunicamos á veciñanza que está a disposición na oficina de Rexistro do concello de A Bola unhas follas de recollida de firmas co obxectivo de manifestar unha protesta en desacordo coa implantación masiva e sen control da modalidade de pesca sen morte e vedados permanentes, nos tramos e cauces dos ríos ourensáns, como único modo da práctica da pesca, en detrimento da pesca tradicional e da liberdade individual.

Os/as pescadore/as e veciños/as ribeireños/as dos ríos ourensáns que están a promover esta iniciativa esixen así que se lles devolvan ao seu estado anterior a totalidade dos ríos que tiveron sempre un carácter libre de uso na práctica da pesca fluvial e que non se modifique o seu estado libre sen estudos previos cuxo resultado puidera recomendar mudar a súa modalidade de aproveitamento.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

O vindeiro 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, e como cada ano con motivo desta data no concello de A Bola poñemos en marcha actividades dirixidas a todos os grupos poboacionais cuxo aspecto común é a sensibilización e promoción da iguldade real entre homes e mulleres dende diversos ámbitos: actividade física e deportiva, educativa, social e formativa.

Estas actividades abarcarán todos os martes do mes, tendo así durante todo marzo unha iniciativa á semana para poder participar desta data tan sinalada e que nos lembra que non só neste mes, senon todo o ano, debemos traballar para acadar esa igualdade real na nosa sociedade.

ACTIVIDADE DE ENTROIDO 2022

ACTIVIDADE DE ENTROIDO 2022

O vindeiro xoves 24 de febreiro ás 17h. no Local Social de Veiga (baixo concello) realizaremos un obradoiro no que poderán participar tanto nenos/as coma xóvenes e persoas adultas para coñecer a historia e imaxe dunha personaxe propia da historia do Entroido do concello de A Bola; «a Vella» de San Miguel de Berredo. Poderemos tamén xogar a crear unha máscara e sombreiro como o que ela levaba, nun ambiente festivo e divertido.

Debido á situación sanitaria da Covid-19, as prazas serán limitadas e será preciso anotarse con antelación ata o mércores día 23 chamando ao 988451293 ou 604037952 (aquí tamén se atende whatsapp ou telegram), ou tamén escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal

ANIMÁDEVOS A VIR ENTROIDAR CON NÓS!

Próximo inicio do Programa «A Bola Saudable»

Próximo inicio do Programa «A Bola Saudable»

“A Bola Saudable” é un programa que busca favorecer a mellora do estado de saúde e benestar integral da poboación do concello, e abarca a práctica das dúas disciplinas deportivas máis precisas e demandadas pola poboación do concello: a ximnasia de mantemento e o ioga. A periodicidade é semanal, cunha hora de sesión á semana de cada unha destas disciplinas.

A duración será dende febreiro ata novembro de 2022 e será preciso inscrición previa. Para ter máis información podedes chamar ao concello (988451293 pu 604037952) ou escribir un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal