A Bola volve ser protagonista no ciclismo internacional!
Este venres 17 de abril de 2026, o noso concello acollerá o paso da 4ª etapa de O Gran Camiño, a etapa raíña desta edición, que unirá Xinzo de Limia co alto de Cabeza de Meda.
A carreira percorrerá a estrada OU‑300 ao seu paso por A Bola, polo que haberá restricións de tráfico e estacionamento, así como recomendacións de seguridade para garantir o bo desenvolvemento da proba.
Dende a Deputación Provincial de Ourense convocan liñas de axuda a entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao exercicio de 2026. A contía máxima de axuda será de 10.000€, cun límite do 50% por orzamento.
A Unión Europea, xunto co MInisterio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Xunta de Galicia, convocan liñas de axuda LEADER para promover a economía rural. (Código do procedemento: MR701L)
Ditas axudas contarán con dúas liñas de actuación: Produtiva (Empresas e Autónomos) e non produtiva (Entidades sen ánimo de lucro, comunidades de montes, asociacións,etc.).
Para máis información pode contactar co GR Limia-Arnoia no 988688779 ou na dirección de correo electrónico: tecnico@limia-arnoia.gal
Augas de Galicia, organismo dependente da Xunta de Galicia, convoca liñas de axuda para a «renovación de sistemas de saneamento no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia». (Código do procedemento: AU300C)
Para máis información poden dirixirse as dependencias municipais en horario de 9:00h a 15:00h, ou chamar ao 988451293.