Por tres razones – Las personas más longevas están en Galicia

Por tres razones – Las personas más longevas están en Galicia

Onte emitiuse no programa “Por tres razones” de Radio Nacional de España un especial adicado á lonxevidade en Galicia, e en concreto, en A Bola, cunha entrevista a María Teresa Barge Bello, alcaldesa do municipio, que explica as claves para chegar á lonxevidade en bo estado de saúde e que ofrece o concello de A Bola.

Deste xeito, tómase o testemuño de tres dos/as veciños/as máis maiores: Concepción Quintas, Antonio Álvarez e Marina Feijoo.

SUBVENCIÓNS PARA ADQUISICIÓN DE VIVENDAS

SUBVENCIÓNS PARA ADQUISICIÓN DE VIVENDAS

DOG nº 23 do 2020/2/4 Xunta de Galicia

Eres menor de 35 anos, español/a (ou con residencia legal en España), cobras menos de 3 veces o IPREM e estás a pensar en comprar unha vivenda? Bótalle un vistazo a esta axuda da Xunta de Galicia, é unha oportunidade de adquirir unha vivenda nalgún dos concellos de Galicia que teña menos de 5000 habitantes… e por que non na Bola?

Descargar:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200204/AnuncioC3Q2-100120-0002_gl.html

Axudas “LEADER” para iniciativas de desenvolvemento rural

Axudas “LEADER” para iniciativas de desenvolvemento rural

Axudas “LEADER” para iniciativas de desenvolvemento local: lembramos que, a pesares de que o primeiro prazo para presentación de solicitudes xa rematou, pódense presentar ao longo de todo o ano novas solicitudes que serán incluídas en vindeiras convocatorias.

Feira Internacional de Turismo

Feira Internacional de Turismo

Entre o 22 e o 26 de xaneiro tivo lugar no IFEMA de Madrid a Feira Internacional de Turismo (FITUR) á que asistiu Dna. Mª Teresa Barge Bello coma alcaldesa do concello de A Bola e vicepresidenta da Reserva da Biosfera da Área de Allariz, promocionando o noso concello coma destino turístico de interese e participando na presentación do xeodestino “Terra de Celanova-Serra do Xurés”.