Teléfono Gratuito do Sergas para Calquera Informacion Sobre o Coronavirus (covid-19)
TELÉFONO GRATUITO DO SERGAS PARA CALQUERA INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS (COVID-19)
TELÉFONO GRATUITO DO SERGAS PARA CALQUERA INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS (COVID-19)
Onte emitiuse no programa «Por tres razones» de Radio Nacional de España un especial adicado á lonxevidade en Galicia, e en concreto, en A Bola, cunha entrevista a María Teresa Barge Bello, alcaldesa do municipio, que explica as claves para chegar á lonxevidade en bo estado de saúde e que ofrece o concello de A Bola.
Deste xeito, tómase o testemuño de tres dos/as veciños/as máis maiores: Concepción Quintas, Antonio Álvarez e Marina Feijoo.
Eres menor de 35 anos, español/a (ou con residencia legal en España), cobras menos de 3 veces o IPREM e estás a pensar en comprar unha vivenda? Bótalle un vistazo a esta axuda da Xunta de Galicia, é unha oportunidade de adquirir unha vivenda nalgún dos concellos de Galicia que teña menos de 5000 habitantes… e por que non na Bola?
Descargar:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200204/AnuncioC3Q2-100120-0002_gl.html
Axudas «LEADER» para iniciativas de desenvolvemento local: lembramos que, a pesares de que o primeiro prazo para presentación de solicitudes xa rematou, pódense presentar ao longo de todo o ano novas solicitudes que serán incluídas en vindeiras convocatorias.
Entre o 22 e o 26 de xaneiro tivo lugar no IFEMA de Madrid a Feira Internacional de Turismo (FITUR) á que asistiu Dna. Mª Teresa Barge Bello coma alcaldesa do concello de A Bola e vicepresidenta da Reserva da Biosfera da Área de Allariz, promocionando o noso concello coma destino turístico de interese e participando na presentación do xeodestino «Terra de Celanova-Serra do Xurés».