MAGOSTO 2023
Xa temos data para o noso tradicional Magosto: o 10 de novembro, na nave de Cacabelos. E colaborarán na súa celebración a Coral Municipal de A Bola e o Grupo de Amigos do Acordeón Terras de Celanova. ¡Esperámovos!

A Deputación de Ourense ven de publicar as bases para a participación por parte do estudantado dos centros educativos da provincia no 1º concurso escolar co lema «Isto tamén é violencia de xénero e eu non calo!», con motivo da vindeira conmemoración no 25 de novembro do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. As bases e toda a información relativa a este concurso pódense consultar na páxina: https://www.termalismourense.com/nonaviolenciadexenero.
O vindeiro 28 de outubro celebrarase no noso concello o 1º «Saman Fest», unha celebración do Samaín divertida e con moita música, concurso de foto máis terrorífica, queimada… e boa compaña.
A agrupación de concellos de A Merca, Cartelle e A Bola, o ENEGA concedeulles unha subvención para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas para a anualidade 2023.
Importe da axuda: 11.100,00 euros.
Actuación: Planificación enerxética en entidades locais.
Código de Solicitude: IN418E-23A35.