XORNADA DE BAILE «A CASA VELLA»

XORNADA DE BAILE «A CASA VELLA»

O vindeiro martes día 29 de agosto a partires das 17:30h teremos o privilexio de acoller na área recreativa da Bola a «XORNADA DE BAILE A CASA VELLA»; Nuria Sotelo, bailarina e coreógrafa, impartirá unha sesión de baile para maiores para todas aquelas persoas que se queiran achegar, non é preciso reservar praza. Será unha oportunidade única para bailar e disfrutar en veciñanza con esta recoñecida profesional!

Ademáis acolleremos as fotografías en grande formato de artistas que acudiron á Casa Vella durante estes anos, obra do artista visual Rubén Vilanova.

Rubén e Nuria tamén nos contarán, unha vez rematada a sesión de baile, un pouquiño máis sobre este proxecto de A Casa Vella que iniciaron no 2021 en Amiadoso (Allariz) e que se proxecta xa coma un referente na dinamizacion cultural no rural.

A participación en calquera das tres actividades é gratuita e libre. Unha cita chea de baile, arte e cultura que non podedes perder!

ESPECTÁCULO DE MAXIA NA ÁREA RECREATIVA

ESPECTÁCULO DE MAXIA NA ÁREA RECREATIVA

O vindeiro xoves dia 24 ás 18:30h na área recreativa da Bola acolleremos un espectáculo de maxia co Mago Paco, sendo o segundo ano que nos visita despois de ter arrincado aplausos e risas por igual tanto de grandes como de cativos na última vez que se achegou a facer a súa maxia no noso concello. A entrada é libre! Esperámosvos.

Esta actividade está recollida dentro da programación da Biblioteca de Verán de A Bola a través do Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

Espectáculo de teatro, contacontos e música: FILIPA COS CONTOS!

Espectáculo de teatro, contacontos e música: FILIPA COS CONTOS!

A compañía de teatro e clown BANDULLO AZUL, achegaranos á Area Recreativa da Bola o vindeiro mércores 19 de xullo ás 18:30h o espectáculo «Filipa cos contos», unha sesión filipante de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e o humor repártense entre os dous contadores que se subena escea: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, a que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa exepriencia. A entrada é de balde e un espectáculo para todos os públicos, esperámoste!

CURSO DE MANEXO DE WHATSAPP NA AULA CEMIT

CURSO DE MANEXO DE WHATSAPP NA AULA CEMIT

Os vindeiros días 17 e 31 de xullo en horario de 11 a 12:30h a aula CeMIT municipal acollerá un curso onde se explicará o manexo da aplicación de mensaxería de Whatsapp ás persoas que desexen asistir, sen límite de idade. Para ter máis información e inscribirse no curso, podedes chamar ao 988680456 ou ben escribir un correo a: cemit.abola@xunta.gal