Co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar das nosas familias e ofrecer unha atención integral á infancia, o concello de A Bola poñerá en marcha o vindeiro 1 de xullo o Espazo «Medrando Xunt@s» na biblioteca municipal, que dará atención a menores de entre 3 e 12 anos do municipio. Neste espazo seguirase unha metodoloxía lúdica e educativa centrada nas necesidades e intereses dos/as menores asistentes, creando un ambiente agradable e favorecendo experiencias sociais satisfactorias que axuden a suavizar as posibles consecuencias que a este nivel poidan acarrexar as crianzas debido ao confinamento vivido pola situación da crise sanitaria do Covid-19.
Este servizo estará activo durante as vacacións lectivas deste ano 2020, e o prazo para inscribirse será dende hoxe e ata o 26 de xuño. As prazas son limitadas e o funcionamento deste espazo estará axustado a todas as medidas de seguridade e hixiene indicadas ante o COVID-19. Para levar a cabo este proxecto, o concello conta coa financiación da Deputación de Ourense a través da súa liña «BenOurense Infancia».
Esta campaña foi articulada nas semanas de confinamento e deseñada polo Grupo de Desenvolvemenro Rural Limia Arnoia, os 25 concellos e comerciantes do territorio para lanzar agora unha mensaxe de confianza e aoio ao comercio local. O obxectivo principal é apoiar ao comercio e hostalería das comarcas do territorio GDR (Allariz, Maceda, Terras de Celanova, A Limia e Baixa Limia) e deses 25 concellos da provincia de Ourense ca mensaxe clara de que «todo o que precisamos témolo ao lado, no noso concello, concellos próximos ou comarca».
Esta campaña de posta en valor do local, como eixos imprescindibles na economía dos nosos territorios (que a crise do COVID-19 puxo a proba) busca manter a estrutura económica local e polo tanto apostar por manter con vida as áreas rurais. É unha oportunidade, na que todos e todas podemos colaborar.
Pódese consultar toda a información sobre a campaña no seguinte enlace, onde poderemos atopar tamén acceso a sorteos por compras no comercio local e concursos de fotografía nos que pode participar quen o desexe:
Xa imos pola segunda sesión da nosa Escola de Familias deste primeiro semestre do ano 2020. É o turno de falar con Ana Díaz Lorenzo, traballadora social da Asociación Xarela Formación Animación, que nos contará como con pequenos trocos nas nosas rutinas do día a día podemos aforrar no gasto de electricidade, auga, gas, teléfono, etc. e tamén como interpretar a factura eléctrica, para saber se temos contratado aquelo que mellor nos convén. Tamén repasaremos as axudas ás que nos podemos acoller para subvencionar parte destes gastos e renovar algúns electrodomésticos, como organizar a lista da compra para que saia más barata ou como xestionar a economía familiar.
En resumidas contas, un tema moi interesante sempre e especialmente nos tempos actuais de crise económica e social debido á crise do COVID-19, axudándonos un pouquiño máis a concienciarnos da parte que podemos aportar para mellorar a nosa economía familiar.
Dende hoxe están abertas as inscricións, que poderán realizarse ata o propio día 10 de xuño ata as 14h. a través dos teléfonos: 988451293 e 604037952 (este último tamén por whatsapp), ou escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal
Lembrade que neste formato, ao anotarvos, o día da primeira emisión da sesión en Internet (10 de xuño) recibiredes un enlace para poder visualizala durante unha semana completa as veces que queirades.
Dende comezos desta semana xa está a funcionar o bar ubicado na Área Recreativa de A Bola, ofrecendo un ano máis o servizo de restauración que cada ano acompaña o tempo de lecer para todas as persoas que se achegan a desfrutar deste emblemático lugar e dos preferidos polos visitantes ao noso municipio.
A
Xunta de Galicia ven de convocar subvencións destinadas á renovación de
electrodomésticos e á instalación de domótica enerxética en vivendas situadas
en Galicia. Os electrodomésticos subvencionables serán: frigorífico,frigorífico-conxelador,
conxelador, lavalouza, placa de indución. As instalacións domóticas
subvencionables serán: monitorización térmica (sensores de humidade,
temperatura…) e monitorización eléctrica da vivenda (medidores de consumo,
racionalizadores de potencia…).
As
cantidades subvencionables dependerán da situación de vulnerabilidade da persoa
solicitante, polo que variarán entre o 25% e o 75% do importe total no caso de electrodomésticos
e entre o 50% e o 80% nas instalacións domóticas.
Poderán
presentarse solicitudes a través das entidades colaboradoras adheridas (puntos
de venta) dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2020 ou ata agotar os
fondos destinados a tal fin.
Para ter máis información adicional ou obter documentación normalizada para os trámites, poderase consultar a páxina web do Inega (www.inega.gal), enviar un correo electrónico á dirección inega.info@xunta.gal ou chamar ao teléfono 981541500.