A mañá deste venres día 10 de xullo será de diversión na nosa Área Recreativa da Ponte Barbón; nenos e nenas de 3 a 12 anos poderán disfrutar de xogar a diferentes xogos populares nun espazo aberto e con todas as medidas de seguridade e hixiene.
As crianzas que desexen participar precisan ser inscritas previamente ata este xoves 9 de xullo ás 14h. chamando ao 988451293, chamando ou enviando unha mensaxe de whatsapp ao 604037952 ou enviando un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.
Dende o pasado martes día 23 de xuño e ata o vindeiro 1 de xullo as persoas anotadas están podendo aprender novos contidos relacionados coa «Crianza Positiva», temática principal da nosa terceira e última sesión da Escola de Familias do concello de A Bola na súa edición en liña para este primeiro semestre do ano 2020.
Nela, falaremos novamente con Ana Díaz Lorenzo, traballadora social da Asociación Xarela Formación Animación desta temática que está a espertar dende xa fai tempo moito interese nas familias e tamén promover novos estilos de educación máis respetuosa e empática para coas nosas crianzas; durante esta sesión tratamos de introducirnos nos principios da disciplina positiva e a coeducación na familia e falaremos sobre diversas pedagoxías alternativas, ademáis da súa adaptación segundo os estadíos evolutivos dos/as nenos/as e rapaces/as. Sendo conscientes de que non sempre é fácil aplicar os contidos tratados na teoría nesta sesión, trátase de transmitir ferramentas para incorporar esta perspectiva educativa ao noso día a día cos fillos e fillas.
Co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar das nosas familias e ofrecer unha atención integral á infancia, o concello de A Bola poñerá en marcha o vindeiro 1 de xullo o Espazo «Medrando Xunt@s» na biblioteca municipal, que dará atención a menores de entre 3 e 12 anos do municipio. Neste espazo seguirase unha metodoloxía lúdica e educativa centrada nas necesidades e intereses dos/as menores asistentes, creando un ambiente agradable e favorecendo experiencias sociais satisfactorias que axuden a suavizar as posibles consecuencias que a este nivel poidan acarrexar as crianzas debido ao confinamento vivido pola situación da crise sanitaria do Covid-19.
Este servizo estará activo durante as vacacións lectivas deste ano 2020, e o prazo para inscribirse será dende hoxe e ata o 26 de xuño. As prazas son limitadas e o funcionamento deste espazo estará axustado a todas as medidas de seguridade e hixiene indicadas ante o COVID-19. Para levar a cabo este proxecto, o concello conta coa financiación da Deputación de Ourense a través da súa liña «BenOurense Infancia».
Esta campaña foi articulada nas semanas de confinamento e deseñada polo Grupo de Desenvolvemenro Rural Limia Arnoia, os 25 concellos e comerciantes do territorio para lanzar agora unha mensaxe de confianza e aoio ao comercio local. O obxectivo principal é apoiar ao comercio e hostalería das comarcas do territorio GDR (Allariz, Maceda, Terras de Celanova, A Limia e Baixa Limia) e deses 25 concellos da provincia de Ourense ca mensaxe clara de que «todo o que precisamos témolo ao lado, no noso concello, concellos próximos ou comarca».
Esta campaña de posta en valor do local, como eixos imprescindibles na economía dos nosos territorios (que a crise do COVID-19 puxo a proba) busca manter a estrutura económica local e polo tanto apostar por manter con vida as áreas rurais. É unha oportunidade, na que todos e todas podemos colaborar.
Pódese consultar toda a información sobre a campaña no seguinte enlace, onde poderemos atopar tamén acceso a sorteos por compras no comercio local e concursos de fotografía nos que pode participar quen o desexe:
Xa imos pola segunda sesión da nosa Escola de Familias deste primeiro semestre do ano 2020. É o turno de falar con Ana Díaz Lorenzo, traballadora social da Asociación Xarela Formación Animación, que nos contará como con pequenos trocos nas nosas rutinas do día a día podemos aforrar no gasto de electricidade, auga, gas, teléfono, etc. e tamén como interpretar a factura eléctrica, para saber se temos contratado aquelo que mellor nos convén. Tamén repasaremos as axudas ás que nos podemos acoller para subvencionar parte destes gastos e renovar algúns electrodomésticos, como organizar a lista da compra para que saia más barata ou como xestionar a economía familiar.
En resumidas contas, un tema moi interesante sempre e especialmente nos tempos actuais de crise económica e social debido á crise do COVID-19, axudándonos un pouquiño máis a concienciarnos da parte que podemos aportar para mellorar a nosa economía familiar.
Dende hoxe están abertas as inscricións, que poderán realizarse ata o propio día 10 de xuño ata as 14h. a través dos teléfonos: 988451293 e 604037952 (este último tamén por whatsapp), ou escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal
Lembrade que neste formato, ao anotarvos, o día da primeira emisión da sesión en Internet (10 de xuño) recibiredes un enlace para poder visualizala durante unha semana completa as veces que queirades.