Axudas autonómicas para a corrección de impactos paisaxísticos
Axudas económicas contra o feísmo
Axudas económicas contra o feísmo
TERMALISMO SOCIAL PROVINCIA DE OURENSE 2026
Este programa realiza atención directa e indirecta as familias e unidades familiares mediante sesións de valoración, seguemento e traballo individualizado e coas unidades de convivencia, orientadas a respostar as súas necesidades, tanto expresadas como detectadas:
– orientación e inserción sociolaboral,
-motivación e apoio psicolóxico,
-aprendizaxe de habilidades parentais e marentais,
-recursos de lecer sociocomunitario,
-acompañamento en procesos de abandono de adiccións e tratamento de trastornos,
-apoio nas habilidades domésticas e de atención á menores,
-orientación socioeducativa,
-intercambio con axentes sociais….
O traballo conxunto con outras entidades é fundamental, polo que se traballa en coordinación e en rede tanto con outros servizos sociais de diferente índole coma asociacións, ONG, centros educativos, de saúde, etc.
O obxetivo principal deste programa é a procura dunha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais, fomentando a inclusión activa co obxeto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa.
O Programa de Educación e Apoio Familiar do Concello de A Bola é unha operación cofinanciada polo Fondo Europeo Plus (FSE+) a través do «Programa FSE+ Galicia 2021-2027»

