por adminconcebola | May 24, 2022 | Actividades, Formación
No mes de xuño levaranse a cabo tres xornadas formativas no concello de A Bola relacionadas con traballos forestais:
- PLANIFICACIÓN PARA PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS
- MANEXO DO SOUTO
- PRAGAS E DOENZAS DOS CASTIÑEIROS
Estarán impartidas polo «Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós (Ourense)» en colaboración coa Consellería de Medio Rural e AGACAL. Poderán anotarse todas aquelas en idade laboral que estean interesadas cubrindo un formulario que está dispoñible para descargar na sede electrónica do concello e enviándoo cuberto ao correo: concello@concelloabola.gal, ou tamén cubríndoo e entregándoo en persoa nas dependencias do concello (horario de 9 a 15h. de luns a venres). Para ter máis información, podedes chamar ao 988451293 (extensión 5). As datas límite de inscrición serán do 31 de maio para a xornada do día 2 de xuño, e o día 25 de maio para as outras dúas.
por adminconcebola | May 23, 2022 | Actividades, Actualidade, Formación
A aula Cemit municipal acollerá os días 25 de maio e 1 de xuño unhas xornadas formativas sobre o uso do caixeiro automático, especialmente dirixida ás persoas maiores e contribuir a evitar os problemas que se atopan coa situación bancaria actual de redución de horas de atención presencial e fomento do uso de máquinas para o manexo de diñeiro.Máis información e inscricións: 988451293 – 604037952 ou biblioteca@concelloabola.gal
por adminconcebola | May 10, 2022 | Actividades, Actualidade, Formación
Dende mañá martes día 11 e ata o día 31 deste mes de maio a aula CeMIT do concello de A Bola acollerá unha serie de sesións formativas a través da AMTEGA, o CEPEIG e SomosDixital dirixidas a persoas maiores e relacionadas coas novas tecnoloxías orientadas a favorecer o envellecemento saudable. As sesións teñen unha duración media dunha hora e son en horario de mañá.
Para ter máis información sobre as mesmas e anotarse, podedes contactar coa aula CeMIT municipal chamando ao 988451293 ou 604037952, e tamén escribindo un correo electrónico a: biblioteca@concelloabola.gal
por adminconcebola | May 9, 2022 | Actividades, Eventos, Formación
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas neste 2022 o concello de A Bola ofrecerá á veciñanza unha exposición interactiva sobre o autor homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, e tamén actividades que misturarán as novas tecnoloxías con xogos para coñecer un pouco máis a este escritor.
A exposición, ubicada na pranta baixa do edificio da biblioteca, estará aberta dende hoxe día 9 ata o remate do mes o día 31, en horario de 9h. a 14h. (excepto os días 10, 12, 24 e 26 que estará aberta en horario de tarde, de 15h. a 20h.) e nela poderase facer un percorrido pola vida de Delgado Gurriarán, sabendo máis sobre a súa vida e obra, podendo ter acceso a códigos QR cos que se accederá a novos contidos relacionados. Esta exposición realízase coa colaboración da Consellería de Dinamización Lingüística e da Biblioteca Municipal.
A actividade do día 24 de maio será realizada na Aula CeMIT municipal (sita no edificio da biblioteca) e está dirixida a crianzas e tratará de facer que a través de xogos e actividades realizadas cos ordenadores poidan coñecer un pouco máis a Florencio Delgado Gurriarán de xeito lúdico.
O acceso á exposición interactiva é libre, e para a actividade do día 24 é preciso inscrición previa por teléfono (988451293 ou 604037952) ou por correo electrónico (biblioteca@concelloabola.gal) xa que as prazas son limitadas.
por adminconcebola | Abr 28, 2022 | Avisos, BOP
Cobrarase próximamente a taxa pola subministración de auga, canon da auga e sumidoiros do concello de A Bola. O prazo de pagamento en período voluntario terá lugar desde o día 29 de abril de 2022 ao 30 de xuño de 2022.
Os/as contribuíntes recibirán no seu domicilio os impresos dos recibos-resgardo de pagamento, que deberán aboar en calquera oficina de Abanca, Banco Pastor, Banco Popular, BBVA, Banco Santander, Banco Sabadell/Gallego, Caixabank (entidades colaboradoras) ou en calquera oficina da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos no prazo antes mencionado desde o día 29 de abril de 2022 ao 30 de xuño de 2022, en días hábiles, no horario establecido polas entidades ou pola Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos. Se algún contribuínte non recibe no seu domicilio os referidos impresos, poderá solicitar duplicado nas oficinas de Recadación desta deputación, e advírtese de que o feito de non recibiren os impresos non exime da obrigación de efectuar o pagamento no prazo mencionado, sempre que figure como contribuínte nas listas cobratorias. Para a validez do pagamento, os impresos deben estar referendados por impresión mecánica ou sinatura autorizada da correspondente oficina da entidade bancaria.
O anuncio de cobro destas taxas está publicado no BOP de Ourense de hoxe día 28 de abril: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=96&fecha=20220428