Comezo da 4ª edición da “Escola de Familias 2021” (formato en liña)

Comezo da 4ª edición da “Escola de Familias 2021” (formato en liña)

Neste mes de abril poñeremos en marcha novamente a nosa “Escola de Familias” para este ano 2021. Será o 4º ano no que ofreceremos a nais, pais e educadores/as en xeral a posibilidade de sumarse a esta serie de sesións que buscan formar e informar sobre temáticas de interese para as nosas familias. Tendo en conta a situación actual e facilitando a participación de todos/as, esta edición tamén será en liña, é dicir, sesións gravadas e colgadas na rede para a súa posterior visualización, ao igual que fixemos o ano pasado .

A primeira sesión publicarase o vindeiro luns 19 de abril co título “APRENDENDO A LER AS ETIQUETAS”; nesta sesión falaremos de tipos de produtos, ingredientes que poden ter e como identificar os que poden ser nocivos, desmontaremos mitos e ofreceremos alternativas de alimentación saudable, especialmente para as nosas crianzas. Todo isto e máis da man de Rebeca Bande, unha nai apaixoada da alimentación e nutrición, a educación e a sostibilidade, e que leva anos ofrecendo charlas e formacións sobre esta temática a nais, pais e profesionais relacionados co mundo da educación das crianzas.

Para poder recibir o enlace para a visualización da sesión, é preciso inscribirse previamente ata este venres día 16 de abril chamando ao 988451293 ou 604037952 (tamén whatsapp e telegram), ou escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.