NADAL INTERACTIVO NA BOLA

NADAL INTERACTIVO NA BOLA

O vindeiro martes día 29 de decembro de 10:30h a 12:30h as crianzas do concello poderán disfrutar na aula CeMIT municipal dunha xornada utilizando as TIC´s para divertirse e de paso escribirlle unha carta a través de Internet ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente. Todo elo con temática de Nadal, para seguir disfrutando destas datas tan especiais para todas elas.

FELICITACIÓN DE NADAL 2020

FELICITACIÓN DE NADAL 2020

Dende o concello de A Bola queremos felicitarvos cun pequeno vídeo que pretende reflectir o cariño e adicación das nosas veciñas e veciños ao poñer orixinais e vistosos adornos nas rúas, nas fachadas, nos negocios e nos seus fogares para “vestir A Bola de Nadal” entre tod@s este ano. Esperamos que vos guste!

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANINOVO!!

Podedes ver o vídeo premendo aquí: VÍDEO NADAL 2020

O Espado Medrando Xunt@s, cheo de diversión tamén polo Nadal!

O Espado Medrando Xunt@s, cheo de diversión tamén polo Nadal!

O noso servizo de atención á infancia municipal Espazo Medrando Xunt@s ofrecerá a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos xornadas de actividades moi diversas nos días de vacacións lectivas, entre o 23 de decembro do 2020 e o 7 de xaneiro de 2021 (excepto os festivos do 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro), en horario de 9:45h. a 13:15h. Xogos, dinámicas, manualidades, baile, informática… Todo elo para pasalo ben tamén durante este Nadal!

As prazas son limitadas para seguir as esixencias de aforo e medidas ante a COVID-19, e poderán recibirse inscricións ata o venres día 18 de decembro. Para ter máis información e/ou solicitar o formulario de inscrición, pódese chamar ao 988451293, enviar correo electrónico a biblioteca@concelloabola.gal ou chamar e enviar mensaxe por Whatsapp e Telegram ao 604037952.

PAPÁ NOEL DECIDIU VIR PASAR UNS DÍAS Á BOLA!

A QUE NON SABEDES QUEN DECIDIU VIR PASAR A PONTE AO CONCELLO DE A BOLA? O mesmiño Papá Noel, que escoitou marabillas do noso municipio, decidiu que este sería o lugar onde pasar estes días de ponte e tomarse un chocolatiño quente mentres espera a que o vaian visitar todos os veciños e veciñas, incluso para sacarse fotiños con el.

Tedes xa a carta para enviarlle? Pois aproveitade e deixádella alí para que xa a leve consigo ao Polo Norte, e prepare todo para cando volva na noite do 24 a todas as nosas casas. Así que xa sabedes!! Tedes unha cita pendente dende hoxe: VISITAR AO PAPÁ NOEL DA BOLA! Está en Veiga, xusto na entrada do concello onda o cruce para Allariz, a uns metros do edificio do concello. E logo da visita podedes ir tomarlle algo quentiño alí ao lado, na Forxa do Antón. Plan completo! 🙂

IMPORTANTE!! Se te sacas unha foto con este Papá Noel, lembra etiquetarnos!! 🥰

Facebook: Concello De A Bola

Instagram: @concello_abola