O vindeiro martes día 29 de decembro de 10:30h a 12:30h as crianzas do concello poderán disfrutar na aula CeMIT municipal dunha xornada utilizando as TIC´s para divertirse e de paso escribirlle unha carta a través de Internet ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente. Todo elo con temática de Nadal, para seguir disfrutando destas datas tan especiais para todas elas.
Dende o concello de A Bola queremos felicitarvos cun pequeno vídeo que pretende reflectir o cariño e adicación das nosas veciñas e veciños ao poñer orixinais e vistosos adornos nas rúas, nas fachadas, nos negocios e nos seus fogares para «vestir A Bola de Nadal» entre tod@s este ano. Esperamos que vos guste!
O noso servizo de atención á infancia municipal Espazo Medrando Xunt@s ofrecerá a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos xornadas de actividades moi diversas nos días de vacacións lectivas, entre o 23 de decembro do 2020 e o 7 de xaneiro de 2021 (excepto os festivos do 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro), en horario de 9:45h. a 13:15h. Xogos, dinámicas, manualidades, baile, informática… Todo elo para pasalo ben tamén durante este Nadal!
As prazas son limitadas para seguir as esixencias de aforo e medidas ante a COVID-19, e poderán recibirse inscricións ata o venres día 18 de decembro. Para ter máis información e/ou solicitar o formulario de inscrición, pódese chamar ao 988451293, enviar correo electrónico a biblioteca@concelloabola.gal ou chamar e enviar mensaxe por Whatsapp e Telegram ao 604037952.
A QUE NON SABEDES QUEN DECIDIU VIR PASAR A PONTE AO CONCELLO DE A BOLA? O mesmiño Papá Noel, que escoitou marabillas do noso municipio, decidiu que este sería o lugar onde pasar estes días de ponte e tomarse un chocolatiño quente mentres espera a que o vaian visitar todos os veciños e veciñas, incluso para sacarse fotiños con el.
Tedes xa a carta para enviarlle? Pois aproveitade e deixádella alí para que xa a leve consigo ao Polo Norte, e prepare todo para cando volva na noite do 24 a todas as nosas casas. Así que xa sabedes!! Tedes unha cita pendente dende hoxe: VISITAR AO PAPÁ NOEL DA BOLA! Está en Veiga, xusto na entrada do concello onda o cruce para Allariz, a uns metros do edificio do concello. E logo da visita podedes ir tomarlle algo quentiño alí ao lado, na Forxa do Antón. Plan completo!
IMPORTANTE!! Se te sacas unha foto con este Papá Noel, lembra etiquetarnos!!
O Proxecto de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 do Concello de A Bola é unha medida 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020 no Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado pola Unión Europea cos fondos FEADER: Europa inviste no rural, AGADER, Ministerio de Administracións Públicas e Xunta de Galicia.