Hoxe remata un novo mes de actividades no Espazo Medrando Xunt@s do concello de A Bola; as crianzas participantes puideron disfutar de xogos, xinkanas, buscas do tesouro, novas tecnoloxías, cine… Todo elo por suposto coas correspondentes medidas de seguridade e hixiene ante a situación sanitaria provocada polo coronavirus.
Aquí vos deixamos unha escolma do ben que o pasamos!
O «Espazo de Mulleres» é unha aposta do concello de A Bola para fomentar a prevención da violencia de xénero no municipio que abarcará os meses de setembro, outubro e novembro, realizando diferentes obradoiros relacionados cos autocoidados, a saúde, o crecemento persoal, o desenvolvemento de habilidades e competencias, fomento da actividade física, o benestar, aprendizaxe de autodefensa persoal…
Este ciclo de obradoiros están subvencionados pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Para máis información e inscricións, pódese chamar ao concello (988451293 ou 604037952) ou escribir un correo electrónico a educacionfamiliar@concelloabola.gal.
No día de onte as nosas crianzas estiveron pasando unha xornada divertida aprendendo sobre novas tecnoloxías e o uso de programas coma o PowerPoint para fins lúdicos e educativos. Pablo, o técnico da nosa Aula CeMIT, foi o encargado de transmitirlles todos estes coñecementos aos nosos pequechos e pequechas.
Este xoves día 27 de agosto en horario de 10h. a 13h. levarase a cabo unha xornada formativa dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos para que a través da ferramenta de microsoft PowerPoint se vaian familiarizando e empecen a empregala dunha maneira interactiva e dinámica axeitada a súa idade.
Hoxe às 18:30h temos na área recreativa a primeira xornada interxeracional se cachibol, pero se a meteoroloxía non permitise realizar a actividade alí ao aire libre, trasladaríase á nave de Cacabelos, a 1 minuto camiñando da área recreativa, sendo guiada a xente participante polo monitor. Animádevos a participar e que a chuvia non pare as nosas ganas de diversión!