AXUDAS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE PARA AUTÓNOMOS/AS E PEQUENAS EMPRESAS

AXUDAS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE PARA AUTÓNOMOS/AS E PEQUENAS EMPRESAS

A Deputación Provincial de Ourense acaba de publicar a convocatoria de axudas para autónomos/as e pequenas empresas que exerzan unha actividade económica nun municipio de menos de 20.000 habitantes da provincia de Ourense, figurando dados de alta no imposto de actividades económicas.

A presentación de solicitudes deberá realizarse de modo presencial ou telemático, neste último caso a través da sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense (https://sede.depourense.es) utilizando o trámite de solicitude de propósito xeral.

A data límite de presentación de solicitudes é o 9 de xuño de 2020.

Para máis información sobre requisitos, importe a conceder, documentación, etc. poden poñerse en contacto co noso concello (988451293), coa Deputación de Ourense (988317500) e/ou consultar a publicación no BOP de Ourense nº 107 (12/05/2020).

Uso obrigado de mascarillas decretado polo Ministerio de Sanidade durante a crise sanitaria do COVID-19

Uso obrigado de mascarillas decretado polo Ministerio de Sanidade durante a crise sanitaria do COVID-19

Dende hoxe será obrigado o uso de mascarillas en persoas de 6 anos en adiante na vía pública, en espazos ao ar libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de alomenos 2 metros, sendo recomendable o seu uso (non obrigado) para a poboación infantil entre 3 e 5 anos.

Excepciónase desta obriga a aquelas persoas que presenten algún tipo de dificultade respoiratoria que poida verse agravada polo uso da mascarilla e aquelas cuxo uso se atope contraindicado por motivos de saúde ou discapacidade.

Asimesmo, o seu uso non será esixible no desenvolvemento de actividades que resulten incompativles, tales como a inxesta de alimentos e bebidas, así como en circunstancias nas que se esixa unha causa de forza maior ou situación de necesidade.

Acceso á publicación desta Orde no Boletín Oficial do Estado premendo AQUÍ

Exposición pública do Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais

Exposición pública do Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais

O Pleno do Concello da Bola, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de decembro de 2019, aprobou inicialmente o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais nas faixas secundarias dos núcleos rurais do Concello da Bola, para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias. Este plan exponse ao público durante o prazo de 20 días hábiles, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP, para que durante o devandito prazo poida ser examinado e poidan formularse as alegacións e reclamacións que se estimen pertinentes polos que se consideren interesados. O plan estará exposto fisicamente durante o mencionado prazo nas oficinas da casa do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

Acceso á publicación no BOP de Ourense